The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma Pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo únese á xormada de mobilización de mañá día 30

Carriola.Iria Aboi(*).29.11.22

A Plataforma participará da xornada de mobilización galega do 30 de novembro para a recollida de sinaturas na defensa da atención primaria a partir das 11h da mañá no Centro de Saúde de Marín. Denunciamos o desmantelamento da sanidade marinense con só a metade dos pediatras pasando consulta e con problemas na cobertura médica, especialmente no PAC” e anima á poboación a asinar a ILP en defensa da atención primaria.

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, vén de anunciar a participación na xornada de mobilización deste 30 de novembro para a recollida masiva e simultánea de sinaturas nos concellos galegos dentro da campaña de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da atención primaria. Esta mobilización secundada por todas as plataformas territoriais en defensa da sanidade pública terá lugar a partir das 11h da mañá no Centro de Saúde de Marín para así denunciar a situación de desmantelamento da atención sanitaria marinense da que non son alleos a maior parte dos concellos da área sanitaria Pontevedra- O Salnés.

Hai problemas graves para citar consultas de xeito normal no Centro de Saúde de Seixo pola baixa do único facultativo a tempo completo que non se está a cubrir. Ademais, no Centro de Saúde de Marín continúan os problemas de certas vacantes sen cubrir con demoras de 15 días para citas. En pediatría, só pasan consulta dous de catro pediatras, aumentou o tempo de espera e mesmo se chegaron a anular citas. É gravísimo que os controis ás crianzas que se teñen que realizar poidan chegar a demorarse un mes. Así mesmo, denunciamos que a situación das urxencias do PAC de Marín sen cobertura médica día si e día tamén.

Consideramos que é vergoñento que na Xunta consideren puntual os recortes pola falta de profesionais, especialmente persoal médico, cando estamos vendo que ocorre a diario e que o único que fan é poñer parches e botarlle a culpa a outros, mentres as consecuencias sufrímolas a veciñanza e o persoal. Dende a Consellería do Sr. Comesaña deberían poñerse a ofrecer contratos dignos aos profesionais para que non marchen a onde os tratan mellor. Cambiaron de xerente nesta área sanitaria pero estamos peor ca antes. Isto non se amaña cambiando de caras e cadeiras, senón de decisións políticas.”

Unha anterior recollida de sinaturas en Marín

Así as cousas, facemos un chamamento a que acudan as veciñas e veciños e que asinen todas as persoas maiores de idade que aínda non o fixeran. Cada vez somos máis criticando esta situación. En Marín, o goberno municipal segue sen apoiarnos pero nós imos seguir alzando a voz e protestando, porque a presión da xente é a única linguaxe que entende o goberno da Xunta e non imos permitir que se xogue co noso dereito a unha atención sanitaria digna.

(*) Iria Aboi Ferradás é a portavoz da Plataforma