Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

DO CARTAFOL DE MANUEL TORRES

Extraemos hoxe en Carriola de Marín outro anaco do “cartafol” de don Manuel Torres Martínez un dos nosos máis famosos pintores e como se ve, tamén escritor e poeta, tal era a súa sensibilidade artística. Como sempre respetamos o xeito de escribir do autor coa ortografía do seu tempo incluida.

COPA DE CAÑA

Xa fai tempo que morreu. Chamábanlle Copa de Caña. A min paréseme que tamén debía de ter nome de pila, pero a xente, tan afeira a bautisar pola súa conta chamáballe Copa de Caña. E él tan campante.

Xa era vello cando morreu. Pero non morreu por culpa da caña, asegún lle anunsiaba o alcuño. Morreu na súa cama dimpois de vinte días de aúno. Por iso a xente desía que si houbese bebido caña neses vinde días, non morrería tan pronto.

Copa de Caña fora sempre un mariñeiro valente e duro; pero gustáballe tanto a caña que ás veses baixaba demasiado a marea do sentido coa que bebía que quedaba varado para unha semana. ¡Moito lle gustaba!. E daquela que sabía tan ben... porque era caña de verdade, caña de caña, que traguían de Cuba as fragatas da Atlántique Company dos palos brancos o casco negro. Ancoraban na bahía á par da laxe das fanecas e logo descargaban os barriles na gabarra do Codeso que era o importador de ultramar. Daquela Copa de Caña deixaba a rede e as liñas e ía axudar na gabarra  e dimpois, en pago, bebía e cantaba guagiras coma un mulato.

Era afisión pola caña- desía él -non era que fose un visio sinon que era como un remedio. Esí que, cando lle doía o ventre ía él e ¡tras! tomaba unha copa de caña; si lle doía unha mó,¡tras! copa de caña adentro, e sin non lle doía nada, entón tomaba as copas que lle daba a gana.

Xa él desía: Con un garrafón de caña á miña beira non hai mal que me tumbe. Por iso morreu o probe tan estranamente porque o tiveron na cama vinte días sin caña.

 

roslev