Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Yonathan Carreira reelexido presidente dos Centros Comerciais Abertos de Galicia

Expertos de España e Portugal debatirán sobre cómo superar a crise da Covid-19 no Congreso virtual convocado para os días 10 e 11

Yonathan Carreira, o técnico comercial que dirxe a asociación marinense “Estrela de Marín”, seguirá desempeñando a presidencia da Asociación Galega de Xerencia dos Centros Comerciais Abertos tras ser renovada a xunta directiva dos mesmos cuios representantes decidiron manter a Carreira como presidente do colectivo.

A este respecto e nun comunicado remitido a emanado do propio orgenismo, indícase que A última asemblea ordinaria da Asociación Galega de Xerencia de CCAs e CCUs serviu para renovar a xunta directiva que seguirá presidida, durante os próximos catro anos, por Yonathan Carreira, xerente do CCA Estrela de Marín. O novo equipo recibiu o respaldo unánime da asemblea e solicitou xa unha reunión co Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia. Entre as propostas que lle queren trasladar figura a de que os centros comerciais abertos sexan os encargados de xestionar de maneira directa os bonos para o incentivo do consumo anunciados hai uns días polo presidente da Xunta. Os CCAs teñen experiencia na implantación de políticas de dinamización comercial e coñecen de primeira man as necesidades dos pequenos negocios que integran o comercio local.

Por outra banda, nova directiva da Asociación reafirmou a súa vontade de avanzar na profesionalización da xerencia das zonas comerciais, a nivel individual e colectivo e marcouse unha serie de obxectivos nesta dirección e, xunto a organización dun congreso anual, apostarase por realizar formación específica, favorecer o networking entre xerentes e compartir información sobre as distintas iniciativas que se están a desenvolver, e todo isto, sen perder de vista o obxectivo primordial de actuar como órgano de representación e defensa do colectivo- según indican no mesmo comunicado”.

I Congreso dos Centros Comerciais Abertos galegos

Os próximos días 10 e 11 de marzos o terá lugar o primeiro Congreso Galego de CCAs e CCUs. O evento, en formato online, acollerá relatorios de expertos e mesas redondas nas que intervirán representantes de varias zonas comerciais urbanas do País Vasco, Canarias ou Portugal co obxectivo de compartir estas experiencias e descubrir distintas iniciativas. Este primeiro Congreso está organizado polo Arteixo Centro Comercial Aberto, que exercerá de anfitrión, en colaboración coa Asociación Galega de Xerencia de Centros Comerciais Abertos. Nace adaptado ás circunstancias actuais, pero coa idea de ter continuidade no futuro. As axudas económicas directas a pemes e autónomos, os bonos para o incentivo do consumo, a dixitalización do pequeno comercio e as iniciativas de transformación de espazos urbanos que se están a acometer en distintos lugares, serán algúns dos temas a tratar nesta primeira edición.

Resposta á crise económica provocada polo virus

Jonathan Carreira manifestou que “A crise derivada da covid-19 está a supoñer un reto sen precedentes para o comercio local polo que os centros comerciais abertos tiveron que buscar novas fórmulas de dinamización comercial para adaptarse aos cambios nos hábitos de consumo e os protocolos sanitarios esixidos para facer fronte a pandemia. E precisamente este é o obxectivo de compartir experiencias e descubrir distintas iniciativas que se están desenvolvendo dento e fóra de Galicia, neste primeiro Congreso Galego de CCAs e CCUs.

O evento, contará coa intervención de representantes de varias zonas comerciais urbanas do País Vasco, Canarias ou Portugal o que lle dará unha ampla visión da realidade actual seste importnte eido económico-social.

 

 

 

 

 

roslev