Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Rematada a nova senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo cun investimento de case 70.000 euros

Carriola.Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial.30.03.23

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa, María Ramallo, supervisaron o resultado final desta actuación, que se adiou pola necesidade de incorporar unha pasarela para salvar a zona histórica do Pozo da Revolta. O novo itinerario seguro, de formigón coreado, ten unha lonxitude de 940 metros e discorre pola marxe dereita da estrada autonómica, ao tempo que mellora o acceso á praia de Aguete e, a nova senda engádese a outras xa en servizo neste municipio morracense, como as que conectan Vilaseca e Lapamán, tamén na PO-551, ou Coirados e Pardavila, na PO-313

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de construción da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-551 no treito entre os lugares de Bagüín e Seixo, no concello de Marín, cun investimento de case 700.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, supervisaron esta mañá o resultado final desta actuación, que supuxo a creación dun novo percorrido para peóns e ciclistas con 940 metros de lonxitude e que adiou o seu remate sobre as previsións iniciais pola necesidade de incorporar unha pasarela para salvar a zona histórica do Pozo da Revolta.

 Características da obra

Esta nova senda discorre pola marxe dereita da estrada PO-551 e configúrase como un itinerario seguro en formigón coreado situado 3 centímetros por riba da calzada en todo o tramo, agás nun pequeno espazo, de 45 metros de lonxitude, con estrutura en voadizo. Todo o percorrido conta cunha anchura de cando menos 1,8 metros que garante a accesibilidade.

A zona do Pozo da Revolta salvouse cun custoso voladizo

Así mesmo, a actuación completouse coa instalación dun paso de peóns con semáforo con pulsador, xusto nas inmediacións da parada de autobús, co acondicionamento da zona de aparcadoiro e a súa delimitación coas zonas de paso, coa reubicación do emprazamento dos contedores de recollida de lixo e coa mellora do acceso á praia de Aguete.

Respecto á vía de conexión con este areal, procedeuse á ampliación da plataforma da calzada co fin de facilitar as manobras de condución, mellorar a mobilidade na zona e reforzar a seguridade viaria.

 Obras similares xa realizadas pola seguiridade peonil

Este itinerario súmase a outros xa en servizo no concello de Marín, como o que conecta Vilaseca e Lapamán, executado nesta mesma estrada autonómica PO-551, ou o existente entre Coirados e Pardavila, na estrada PO-313.

O delegado territorial explicou no transcurso da visita que A Xunta de Galicia vén de acometer un fortísimo investimento en seguridade peonil e mellora das estradas cos distintos plans de sendas na contorna da área urbana de Pontevedra, con actuacións na capital provincial e nos municipios de Marín, Bueu e Poio, co obxectivo de ter unha rede de infraestruturas máis confortable e segura nunhas cidades e vilas con moita poboación e que ademais teñen unha mobilidade moi interconectada”.

Inversión de 4,5 millóns de euros con fondos FEDER

Todos estes itinerarios no municipio marinense enmárcanse no Plan de Sendas da comarca do Morrazo, que recolle a execución de percorridos seguros, sostibles e integrados na paisaxe cun investimento superior aos 4,5 millóns de euros. As actuacións son cofinanciadas con fondos FEDER 2014/2020.

 

 

 

roslev