Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Xa é definitivo: o Enterro da Sardiña declarado Festa de Interese Turístico de Galicia polo Consello da Xunta

Carriola.J.S.P.31.03.23

Traballiño dou pero por fin o xenuino Enterro da Sardiña do Entroido Galego que se fai en Marín o mércores de cinza, foi declarado onte polo Consello da Xunta de Galicia “Festa de Interés Turístico” co que elo conleva de recoñecemento e promoción do noso entroido

O Ateneo Santa Cecilia de xeito conxunto co Concello de Marín veu traballando intenamente para conseguir que o noso “Enterro da Sardiña”, que ten os seus comenzoa alá polo 1882 ou alomenos desde aí está documentado, fose recoñecido como festa de interes turístico de Galicia, tal como así o considerou por fin o Consello da Xunta de Galicia no día de onte, logo de examinar minuciosamente  a solicitude presentada polo Ateneo marinense que en todo momento contou co apoio do Concello nesta teima para o que se fixeron todos os trámites  preceptivos destes casos pois non é doado que se recoñezan de calquera maneira os méritos de canta manifestación cultural ou folclórica se celebra por Galicia adiante.

Valoración positiva

Segundo se explica na a comunicación da propia Xunta, “Para a declaración como festa de interese turístico de Galicia valóranse aspectos coo a creatividade e a innovación na celebración dos eventos  a nivel de dotación de infraestructuras e equipamentos para a celebración das festas e a recepción de visitants; a afluencia de visitantes, a coordinación das entidades públoicas e privadas involucradas nas celebracións ou o adecuado coidado dos contornos urbanos monumentais ou paisaxísticos onde se desenvolven”.

A Xunta de Galicia recoñece como inicio documentado do Enterro da Sardiña de Marín o ano 1882,  o que non quere dicir que non se fixera con anterioridade senon que é nesa data cando aparece a primeria referencia

Unha gran satisfacción e premio á constancia

O Ateneo Santa Cecilia con toda a súa directiva a a inxente cantidades de persoas que participan cada ano no Enterro, así como a Corporación Municipal polo apoio decidido nas xestións realizadas,  poden sentirse satisfeitos polo premio á constancia que acadou neste recoñecemento que ha de dar un pulo importante ao Entroido marinense. Habería que destacar a moitas persoas que ao longo do tempo fixeron o posible e o imposible por manter a festa. Véñennos á cabeza as referencias de Molas, Norteiro, José “Patata”, Liberato, Eirín, Pepe Garrido, Manuel Torres... e tantos e tantos que pasaron pola festa deixando a súa pegada. E, sen ánimo de deixar atrás, de antes e de agora,  a ninguén no mérito

Celso Méndez, ademáis do seu labor de promoción do Enterro é o flautista na banda que o acompaña

acadado, temos que resaltar o tremendo traballo de Celso Méndez Fraguas, actual directivo do Ateneo, que desde hai moitos anos ven loitando por expandir o coñecemento deste histórico evento carnavaleiro para coñecemento de todos e, deixando constnacia del nos distintos centro de enseñanza do municipio.

Norabao a todos e todas por ter conseguido semellante galardón que, xunto coa festa de San Miguel, tamén do Ateneo e recoñecida como de Interese Turístico, elevan o valor cultural de Marín.

roslev