Carriola.Ateneo S.C..26.04.23
O vindeiro 27 de abril, é dicir, mañán ás 20:00 horas remata o prazo para inscribirse a LXX edición do Concurso de Maios e Embarcacións de Marín. Recordamos que aqueles que non se inscriban no plazo establecido quedarán fora do concurso. A inscrición pode realizarse tanto fisicamente no local (Rúa do Forno, 42, baixo) como por correo electrónico ateneosantacecilia@gmail.com
Recordamos as bases de participación no concurso de maios
1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Na decoración
exterior dos MAIOS só se utilizarán elementos vexetais e naturais.
2.- As EMBARCACIÓNS só serán de construción artesanal.
3.- A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais.
4.- Os grupos que desexen tomar parte neste concurso, teñen que face-la súa inscrición antes das 20:00 horas do dia 27 de abril. Para elo, deberán cubri-la folla de inscrición que poden recoller na secretaria do Ateneo, situada na rúa do Forno, 42, baixo en horario de 17:30 a 20:30 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 horas . Á dita inscrición deberanse xuntar 8 copias da letra coa que participen no concurso.
5.- A valoración dos grupos participantes farase mediante un XURADO nomeado polo Ateneo que valorará de 1 a 10 puntos a cada participante, en cada un dos apartados do concurso. Puntuación que se fará pública ao remate do concurso. O Xurado contará cun/ha secretario/a do Ateneo e o seu fallo non poderá ser recurrido.
6.- Os apartados do concurso serán
* Para MAIOS: Letra – Construción - Coroa - Interpretación.
* Para EMBARCACIÓNS: Letra – Construción - Interpretación.

Barcos pesentados polo Colexio San Narciso no ano 2006
En cada apartado haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio, podendo quedar deserto algún deles si o xurado así o considerara.
7.- Tódolos grupos recibirán unha axuda polo feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para os seus compoñentes.
8.- A letra das coplas deberá ser en galego e de libre composición.
9.- Na interpretación, que será de catro estrofas e a última, usaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos Maios como das Embarcacións, e o xurado terá en conta, se se dera o caso, a recuperación dalgunha melodía tradicional.
10.- A relación e contía de premios farase pública nos medios de información local.
11.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse as 12:30 horas na alameda
Rosalía de Castro, no entorno do palco da música, e as 17:00 na Praza do Reloxo.
12.- A participación no concurso obriga a aceptación de estas bases.
Exposición “Maios en Marín”
Así mesmo queremos informar que a partir de mañán, pódese disfrutar no local do Ateneo Santa Cecilia da exposición fotográfica "MAIOS EN MARÍN: Os seus inicios". Unha mostra de imaxes do Concurso de Maios e Embarcación dos anos 50 e 60 en Marín. Poderase visitar do 26 de abril ao 20 de maio, no noso horario habitual.

Relato curto
Por último tamen incidir que a data límite para presentar os traballos do IX Concurso de Relato Curto "Marín Conta" remata o xoves 4 de maio ás 20:00 horas.
Bases de participación no certame “Marín conta”
- Poderán participar todos/as os/as alumnos/as que o desexen, cun único texto de creación literaria en lingua galega cunha extensión máxima de 500 palabras. Os traballos deberán presentarse por triplicado, mecanografados e escritos empregando o tipo de letra ‘Times New Roman’ tamaño 12, a dobre espazo. No caso de escolares de Primaria, acéptanse traballos manuscritos.
No caso de tratarse da categoría de “Educación Especial” a extensión será entre 30 e 50 palabras.
- A temática e xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos baixo calquera formato, non premiados en ningún outro certame anterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.
- Os relatos presentaranse baixo “lema”, acompañados dunha “plica” en sobre pechado. Na mesma figurarán os datos persoais do autor ou autora: nome, idade, curso, teléfono, enderezo electrónico, centro de ensino e título do relato. No caso de menores de 14 anos, a plica deberá ser asinada por un dos pais ou titores, facendo constar que autorizan a participación do seu fillo ou filla neste concurso. No caso de resultar premiado/a, o Ateneo Santa Cecilia difundirá a autoría do texto nos medios de comunicación e redes sociais, así como a imaxe do seu autor/a.
- Os traballos deberán presentarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, nº 42, baixo - 36900 · Marín · Pontevedra). Poderán entregarse en persoa ou remitirse por correo electrónico (ateneosantacecilia@gmail.com).
O prazo de recepción de obras remata ás 20:00 horas do XOVES, 4 de maio de 2023.
- O Xurado estará formado por tres persoas, cuxo fallo será inapelable, e poderádeclarar desertos os premios dunha ou máis categorías. O xoves 11 de maio daranse a coñecer os traballos finalistas en cada unha das tres categorías do concurso (Primaria, ESO, Bacharelato/FP e Educación Especial). O fallo e entrega de premios terá lugar o martes 16 de maio ás 20:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia.
- Establécense catro premios por cada categoría: Primaria A (1º, 2º e 3º), Primaria B (4º, 5º e 6º), ESO, Bacharelato/FP e Educación Especial). Todos/as os/as finalistas recibirán asemade, un diploma acreditativo da súa participación.
- Os textos premiados quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia de Marín que se reserva o dereito da súa publicación se así o estima oportuno.
- O Ateneo Santa Cecilia non devolverá os orixinais presentados a concurso.
- Os/As autores/as, polo feito de participar neste certame, aceptan as presentes bases e o fallo
do xurado. Para todas aquelas cuestións non previstas nos apartados anteriores,aplicarase o criterio inapelable do Xurado. Se o Xurado así o considerase algún dos premios podería quedar deserto.
O incumprimento de calquera dos puntos das Bases descualificará de inmediato o traballo
presentado.