Carriola.ARMH.28.04.23
Hoxe venres, 28 de abril, terá lugar a presentación do libro Papel de Estraza. O acto, organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, comezará ás 20:00 h no Museo Municipal Manuel Torres e contará coa presenza dos autores, Fernando Salgado e Juan Otero.
Apunta Xosé Álvarez Castro no limiar desta obra que, “os feitos acontecidos na Illa de Arousa en outubro de 1934 son abordados polos autores facendo súa unha premisa básica de historiadoras e historiadores: achegar contexto. O nomeamento dun utópico goberno independente que tería consecuencias terribles logo do golpe de estado do 36 constitúe o eixo central da obra. Apoiándose no relato de como os avances tecnolóxicos chegan á illa da man dos conserveiros, ao mesmo tempo que mariñeiros e traballadoras das fábricas da conserva viven na penuria, ofrece un panorama da sociedade local, os seus lugares de diversión, as festas, as primeiras organizacións sindicais, etc”.