Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O premio da campaña comercial de Estrela de Marín en abril foi para José Emilio del Río López

Carriola.Estrela de Marín.03.05.23 

Tralo sorteo efectuado na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", o gañador foi José Emilio Del Río López quen selou a súa tarxeta nos comercios “Deportes Xesta, Five Sport e Joyería Rosant”,  polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.

Neste caso, José Emilio non forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que non recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores. Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.

O acto de entrega do premio tivo lugar onte martes día 2 de Maio  no comercio Deportes Xesta, no transcurso do mesmo o gañador recibíu os 150€, en vales compra.

Nesta edición, efectuanse 7 sorteos polo que en total sorteamos 1.400€ en tarxetas regalo nunha campaña que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

 

roslev