Carriola.Redacción.06.05.23
O BNG presentou o seu amplo programa de acción política municipal que pesenta ás elecións do 28M e, en Carriola, iremos desgranando os seus apartados para coñecemento dos nosos seguidores. Hoxe dedicamos ese espacio al plan que o BNG ten para o apartado urbanísico.
O urbanismo é un dos eixos fundamentais para o progreso social e económico dun Concello, por iso o BNG aposta por un modelo urbano moderno e accesíbel, cun crecemento harmónico, co gallo de crear lugares agradables para vivir, humanizados e de mellor calidade.
Marín ten moitas potencialidades que aproveitar. O obxectivo principal será asentar un concello para vivir levando para iso a termo, unha política urbanística sostible que garanta o equilibrio territorial, o desenvolvemento urbanístico racional e a protección do ambiente e a paisaxe a través do desenvolvemento do PXOM, abrir o espazo ao mar para mellorar a relación da vila co mar e apostando pola mobilidade sostible. Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e Urbanismo.
Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e Urbanismo
É evidente que moito mudou a realidade física e social desde a aprobación da normativa urbanística en Marín. Gobernar é tranformar e por iso asumismos o obxectivo de acompasar esas mudanzas cunha nova planificación territorial e urbanística.
Urbanismo circular
- Revisión da Estratexia de Actuación do Plan Xeral de Ordenación Municipal(PXOM) e a súa adaptación á realidade actual do Concello e á lexislación de rango superior aprobada con posterioridade a súa entrada en vigor.
- Reforma normativa do PXOM, en colaboración cos cambios na normativa de habitabilidade de Galicia, para facilitar o cambio de uso de baixos comerciais a vivendas co obxectivo de facilitar e permitir, en determinados supostos, que baixos comerciais, oficinas e entrechans abandonados ou sen actividade, en contornas urbanas.
- Promoción dos Plans de Protección Integral dos Cascos Vellosde Marín-Banda do Río e Cantodarea e analizar a viabilidade de crear coa Xunta de Galicia (Instituto Galego de Vivenda e Solo - IGVS) un Consorcio para os cascos vellos.
- Propor a estudo unha ordenanza municipalde Inspección Técnica de Edificacións.
- Elaboración, no marco do plan urbanístico, de programas de vivendas de protección oficiala través de concertos co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
- Análise coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades dun convenio para a recuperación dos diversos usos sociais das antigas vivendas do profesorado cos CEIPS de A Laxe, Carballal e O Sequelo.
- Promoción da rehabilitación de vivenda en contraposición á demolición.
- Transmisión de información e asesoramento en relación coas liñas de apoio doutras administracións para a adquisición, alugueiro, rehabilitación, construción e mellora de vivenda.
- Potenciara oficina técnica que xestiona a Area de Rehabilitación Integral (ARI) que comezou no 2009.
- Recuperación para o Patrimonio Municipal de edificios con valor históricoen proceso de degradación continua ou abandono para uso sociocultural e/ou administrativo como poden ser: E2 Casa das Fontenla, E6 Edificio Baladrón-Méndez Núñez, E15 Xardíns e Vila José (para a súa anexión á Granxa de Briz/Parque dos Sentidos), E18 Casa Grande de San Pedro da Raña, E19 Pazo da Brea, E27 Casa Rectoral de O Campo, E32 Pazo de Cadro…
- Potenciación urbanística en Loira, como núcleo de litoral mariñeiro e, polo tanto, de especial de protección, mediante un plan de axudas económicas para a rehabilitación e protección das casas e do patrimonio arquitectónico do núcleo costeiro.
- Desenvolvemento e melloradas redes de saneamento municipais, con separación das pluviais.
Exteriores, zonas verdes e paisaxístico.
- Desenvolvemento dun Plan plurianual de paisaxismo urbanoadaptado ás necesidades da veciñanza.
- Humanización e integración dos barrios.
- Implantación de medidas de supresión e/ou minoración dos impactos paisaxísticose dos riscos para a saúde causados polas liñas de subministro de enerxía eléctrica, soterrando as liñas de media e baixa tensión sempre que sexa posible.
- Deseño e reorganización de espazos públicos no casco urbano e ruralaplicando criterios que promovan a autonomía e seguridade das persoas.
- Intervención no Parque Azul de Cantodarea para facelo máis atractivopara a veciñanza. Mellora da sinalización, limpeza e iluminación do acceso.

Lucía Santos Omil, candidata do BNG a alcaldía de Marín
Un Marín aberto ao mar
O BNG impulsará propostas dirixidas a abrir Marín ao mar, mediante a negociación e a colaboración co Ministerio de Defensa e a Autoridade Portuaria. Marín non pode vivir de costas ao mar, polo que conectar o centro urbano co litoral será un obxectivo preferente.
- A Escola Naval.Ampliación de liñas de colaboración-negociacións co Ministerio de Defensa para cesión de terreos e dotacións con valor patrimonial, medioambiental e paisaxístico.
- O Porto de Marín.
- Potenciación das colaboracións entre a Autoridade Portuaria e o Concello de Marínpara ampliar nun 6% da superficie do Porto para uso e goce da veciñanza:
- Que a superficie das edificacións destinadas a oficinas e almacéns (nº 7) ubicada na explanada do antigo Peirao da Ribeira (Avenida de Ourense, entre o parque infantil e a biblioteca pública municipal) e actualmente en réxime de concesión e adscritas ao Sector S.1 pasen a formar parte do Sector S.3 (Sector de equipamiento dotacional, zonas de esparcemento, paseos marítimos, espazos libres e instalacións náutico-deportivas).
- Cesión do inmoble de dúas plantas situado na en Avenida de Ourense número 86 destinado a oficinas.
- Potenciación das colaboracións entre a Autoridade Portuaria e o Concello de Marínpara ampliar nun 6% da superficie do Porto para uso e goce da veciñanza:
- Cesión da xestión do inmoble situado no Paseo Marítimo Alcalde Blanco (á altura da dársena de embarcacións menores) destinado a cafetería-restaurante.
- Redución da altura de almacenamento de contedores(actualmente cunha altura ≈12 metros e 4 contedores en vertical) na Terminal Depot, polo importante impacto visual que xeran, a unha altura similar a indicada no Plan Especial no sub-sector S.1.2 con máximo de 7 metros (equivalente a 2 contedores en vertical), ou traslado a outra zona interior do porto.
- Conservación do patrimonio cultural mariñeiromediante unha obra simbólica que sirva de homenaxe ao esforzo de mulleres e homes das distintas profesións ligadas ao mar.