Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Mobilidade sostible e calidade de vida no rural, outros dous aspectos do programa electoral do BNG

Carriola.Redacción.08.05.23

Seguimos en Carriola trasladando aos nosos seguidores o contido do programa electortal do BNG á espera de que nos cheguen, si así o desexan, os dos outros grupos que aspiran a obter representación na Corporación. A alcaldable Lucía Santos foi a primeira en dar a coñecer as liñas de actuación previstas na seguinte lexislatura local

MOBILIDADE SOSTIBLE

Mellorar a mobilidade é fundamental para ter un urbanismo moderno e ao servizo da poboación. É factor esencial para a mellora da calidade de vida da veciñanza. Apostamos por un transporte público e de calidade, pola limitación e ordenación do tráfico, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a potenciación de zonas peonís.

  1. Realización de estudos para a mellora da mobilidade urbana:
  2. a. Realización dun estudo técnico do tráfico na rede viaria de Marín, coa fin de avaliar

posibles melloras e inverter o modelo de mobilidade (coche-peón / peón-coche).

  1. b. Realización dun estudo técnico para estudar a posibilidade de zonas no noso Concello

para implantación de carrís bici.

  1. Creación de aparcadoiros ao servizo da veciñanza:
  2. a. Revisión e ampliación das parcelas destinadas a aparcadoiros disuasorios.
  3. b. Estudo dunha ubicación alternativa ao aparcamento soterrado do Parque Eguren

nun espazo do centro da vila recollido no PXOM como futuro uso dotacional.

  1. Deseño e implantación de rutas escolares seguras para mellorar a fluidez do tráfico nas horas de entrada e saídas das aulas.
  2. Eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios municipais, vía pública, etc.
  3. Realización dun estudo para a instalación de pasos de peóns intelixentes que levan

incorporado un sistema de iluminación LED no chan, que se activa cando un peón se acerca,

activándose as luces.

  1. Xestionar coas administracións pertinentes as redes viarias:
  2. a. A mellora da seguridade Programa electoral do BNG Marín | Municipais 2023

15

  1. Impulsar a humanización
  2. c. Intervencións paisaxísticas para mitigar o impacto visual e acústico…
  3. Requerimiento ás administracións pertinentes da realización dos novos viais

supramunicipais para desviar o tráfico do núcleo da vila podendo acadar a estrada PO-313 e outros lugares do municipio.

  1. Requerimento á administración pertinente da reforma integral da estrada que comunica a PO-551 dende Caños de Moledo, pasando por Pastoriza coa PO-313 no alto da Cruz da Maceira.
  2. Ampliación do servizo de transporte público:
  3. a. Colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para fomentar liñas

regulares e baixo demanda (https://www.bus.gal/gl/descargas/concellos) para

mellorar as conexións comarcais facendo especial mención a Pontevedra e Montecelo

(nova ruta abarcando Mogor, Seixo e Ardán)

  1. Aumento da frecuencia e horarios, con especial aplicación nun maior número de

buses nocturnos nas fines de semana e festivos.

  1. c. Realización dun estudo técnico para establecer un servizo de transporte público

municipal a demanda (taxis, microbuses...).

  1. Negociación coa Xunta dun bono de transporte metropolitano.
  2. Implantación de sinalización cognitiva para favorecer a autonomía das persoas de espectro autista, facilitando a súa orientación.

A CALIDADE DE VIDA NO MEDIO RURAL

O rural marinense é un dos tesouros máis descoñecidos do noso Concello. Asemade, sofre unha situación de deficientes servizos públicos: auga, luz, camiños, etc. Para o BNG o rural debe formar parte dun eixo de desenvolvemento económico do Concello actuando como motor de iniciativas empresariais e turísticas.Programa electoral do BNG Marín | Municipais 2023

  1. A localización, inventario e protección do patrimonio cultural no rural.
  2. Implantación de líneas de fibra para proporcionar o acceso á veciñanza da conexión a

internet.

  1. Realización de convenios de colaboración coas entidades parroquiais para dinamizar e

desenvolver actividades culturais e de lecer.

  1. Promoción da produción ecolóxica, como mellor forma de acadar un maior valor engadido.
  2. Rematar a rede de saneamento do rural.
  3. Garantir o servizo de auga a todos os núcleos rurais:
  4. a. Elaboración dun estudo para que toda a veciñanza teña uns servizos mínimos de

calidade (auga), en colaboración coa Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade

mediante Augas de Galiza.

  1. b. Preparación dun plan para apoiar e/ou municipalizar, se procede, os sistemas de

autoxestión da auga (as traídas veciñais, os pozos privados, minas de auga…)

  1. Mellorar e por en valor os espazos públicos de uso social nas parroquias.

 

 

roslev