Carriola.Lucía Santos Omil (*).09.05.23
“O BNG presenta unha versión fácil de entender destinada ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e outras persoas con dificultades de comprensión e aseguran que esta é a primeira formación política da historia de Marín en presentar o programa electoral nunha versión de fácil comprensión.
O pasado xoves 4 de maio, o BNG de Marín presentou publicamente o seu programa electoral para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.O BNG presenta un programa para gobernar Marín, froito dun profundo traballo de análise e debate, unha folla de ruta clara e concreta para poñer en marcha a necesaria transformación que Marín precisa, e merece.
Na presentación do programa os candidatos Davinia Lojo e Tino Iglesias adiantaron que o BNG de Marín presentaría nestas eleccións municipais o programa nunha versión de lectura fácil co que, BNG volta levar a dianteira noutro tema de sumo interese, convertíndose na primeira formación política da historia de Marín en presentar o programa electoral nunha versión de fácil comprensión.
É unha versión fácil de entender destinada ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e outras persoas con dificultades de comprensión e, a intención do BNG non é outra que a de facilitar e promover a participación no proceso electoral de todas as persoas, sen exclusións. As forzas políticas temos que dar exemplo e dar pasos cara á plena inclusión de todas as persoas en todos os ámbitos sociais.
O candidato Tino Iglesias lembrou que o programa de lectura fácil foi unha teima persoal desta candidata, consciente que son das necesidades deste clectivo porque teño un familiar achegado con discapacidade intelectual, proposta que por suposto atopou o total apoio de todas as persoas que formamos parte desta candidatura”.
(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz municipal do BNG de Marín, e candidata a alcaldía no 28M