Carriola.Redacción.12.05.23
María Ramallo e o seu equipo emprenden unha campaña electoral na que poñer en valor o seu proxecto para “un Marín único” e a líder do PP remitenos esta declaración política de intencións do seu grupo que transcribimos íntegramente:

María Ramallo e o seu equipo deron esta media noite o pistoletazo de saída á campaña electoral coa tradicional pegada de carteis, poñendo en valor o seu proxecto para seguir construíndo un Marín único, con visión de futuro, grandes posibilidades de desenvolvemento e cunha experiencia na xestión que avalan os últimos 14 anos de Goberno.
Entramos en campaña ilusionados. Sabemos que é o momento de facer balance e examinarnos, pero tamén de propoñer avances de cara ao futuro. Quero seguir traballando para converter a nosa cidade no mellor sitio para vivir e para iso conto co respaldo sen fisuras do meu equipo, o #equipoRamallo que, ao igual ca min, dá todo por Marín cada día e cada hora”.
Ese é o lema desta campaña escollido para concorrer ás eleccións do 28 de maio como un reflexo do que realmente somos, unha candidatura sólida, con xa moita experiencia na xestión e na que volcamos todos os nosos esforzos. Para nós non hai vacacións nin descanso cando se trata de Marín. Ese compromiso é a forma que eu teño de entender e exercer a política local”.
A partir de mañá o programa co que nos presentamos a aos comicios comezará repartirse e nel a veciñanza atopará todo o que cremos que podemos facer por Marín para dar aínda outro paso máis na construción dese futuro que sabemos que podemos ter: de vila moderna, avanzada, con todos servizos ao noso alcance.
Melloras urbanas, construción de novas infraestruturas e espazos verdes e urbanos, conexión co mar e mobilidade sostible, adicación á mocidade e aos maiores, renovación das instalacións deportivas, reordenación do estacionamento e creación dun novo aparcadoiro subterráneo, dotación de novos servizos nas parroquias, potenciación dun turismo sostible, dinamización cultural e social e perspectiva de captación de novos fondos para a transformación futura son os pilares máis importantes nos que se basea a estratexia dos populares para o Marín dos próximos catro anos.
Imos a unha, unidos, imparables na escoita, sempre buscando sumar e tratando de acertar. Non hai outra receita ca esa e así o iremos trasladando nas semanas dunha campaña intensa que xa estamos desexando desenvolver.