Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Clube de Remo Ría de Marín obtén 3 ouros e 2 bronces na XXX Copa Primavera de Remo.

Carriola.C.R. Ría de Marín.15.05.23 

O club de remo ven de participar  nunha regata nacional esta fin de semana, con grande éxito para os seus remeiros que conseguiron magníficos resultados na competición nacional, preparatoria do Campionato de España.

Con 5 medallas no peto e uns meritorios 4º, 7ºe 13º postos, os remeiros de Marín voltaron de participar esta fin de semana na XXX Copa Primavera de Remo. Trátase dunha competición nacional, previa ao vindeiro Campionato de España, na que competiron  un total de 32 clubes con 233 embarcacións inscritas, nas categorías de alevín, infantil, cadete, veterano e remo adaptado.

Séptima posición

O club marinense acadou a 7ª posición no medalleiro, gracias aos ouros da veterana Pilar García en 1xVF, dos alevíns Saleta Fariña - Alejandro Estébanez (2xAMix)  e Gorka Rivadulla - Rubén Sobral (2xAM), e do cadete Xián Gutiérrez (1xCM). Destcables tamén as actuacións do alevín Breogán Gutiérrez, que acadou unha 4ª posición (1xAM), mentres na categoría cadete Niobe Barreiro quedou 7ª na súa categoría (1xCF) e Manuel Caiño e Anxo Branco quedaron 13º.

Reina no club unha gran satisfacción e de onde se envían parabéns para todos os participantes ¡e a continuar co traballo duro!

 

roslev