Carriola.Redacción.17.05.23
Segundo comunican desde l Muse Torres, “Este xoves 18/05 de maio, inaugúrase a nova Sala de Arqueoloxía do Museo Municipal Manuel Torres, coincidindo co Día Internacional dos Museos, polo tanto un xeito inmellorable de celebralo e, con esta actuación, o Concello quere aproveitar que o Museo conta nos seus fondos con máis de 500 pezas de materiais arqueolóxicos, para dalas a coñecer, ao tempo que se pon en valor o rico patrimonio arqueolóxico do municipio, con numerosos xacementos catalogados.
Diversificación da oferta
A proposta permite ademais diversificar a oferta do propio museo, cunha sala que se pensa como un espazo dinámico, no que se sucederán as exposicións temporais que irán amosando estes fondos e se realizarán actividades relacionadas coa temática das exposicións.
Hai que apuntar que esta proposta non tería sido posible se previamente non se houbera acometido unha actuación de tratamento e inventario dos fondosarqueolóxicos do Museo, realizado en 2021. Esta foi a base do proxecto da Sala deArqueoloxía, á marxe de resolver as cuestións relativas á conservación e clasificación deses fondos.
O mundo romano, exposición inaugural
Esta primeira exposición inaugural terá como temática o mundo romano, e se poderán ver distintas pezas que son testemuña da pertenza do territorio que hoxe é Marín ao mundo cultural galaicorromano, que formou parte do Imperio Romano durante varios séculos. Os vestixios de cultura material moble de época romana son o soporte dos distintos temas abordados nos paneis e ilustracións cos que conta a exposición como recursos interpretativos.
Colaboración da Xunta de Galicia
Esta sala creouse ao abeiro das axudas aportadas pola Xunta de Galicia para os centros museísticos da nosa comunidade autónoma, por un importe total de 10.000 euros.