Carriola.Redacción.16.05.23
Ás doce do mediodía dará comenzo o acto de entrega dos premios de Narración Curta Concello de Marín tanto no nivel escolar como no de adultos nun acto que terà lugar como é tradicional no Museo Torres
Recordaremos que o premio dotdo con mil euros na categoría aberta de adultos foi para o escritor coruñen Rafael Vilar que estarà presente no acto para recoller o premio e, seguramente, dar algúnha pincelada sobre o contido da súa obra.
Na categoría escolar, recordamos que os premios foron para 2s seguintes alumn@s dos centros do entorno:
- Na categoría de 5º e 6º de Primaria:
○ 1º premio: Gabriel Medina, por “A guerra binaria”
○ 2º premio: Aitor Cisneros, por “María no mundo agochado”
○ 3º premio: Kenia Río, por “O árbol de Sara”
- Na categoría de adulto:
○ Premio de 1.000 euros para Rafael Vilar, por “A ceifa clara”
Outras actividades
Despois do acto de entrega dos premios do certame literario, será o momento ás 13.00 horas do concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón na Alameda.
Tamén la alameda pero xa pola tarde, aa partir das 19.00 horas ofrecerá un concerto o grupo marinense “Arte&Maña”.