Carriola.Partido Popular (R).18.05.23
No Día das Letras Galegas, a candidata á reelección polo Partido Popular reivindica as apostas culturais levadas a cabo nestes últimos catro anos e pronostica “un gran salto de calidade” de cara ao próximo mandato coa posta en marcha do Auditorio
O Día das Letras Galegas é, sen dúbida, unha data marcada no calendario cultural de toda Galicia “e unha boa oportunidade para recordar todas as iniciativas que fomos levando a cabo nos últimos anos, a pesar das dificultades que trouxo consigo a pandemia no seu día”,expresou a candidata polo PP de Marín e actual alcaldesa, María Ramallo.
Marín conta na súa propia programación con ciclos e eventos culturais propios que en cada edición crecen e se potencian. Un bo exemplo son as Xornadas Blanco Freijeiro. “Nesta lexislatura, fixemos fillo predilecto da nosa cidade a este importante antropólogo e historiador que dá nome a estas xornadas, que desois de 20 anos seguen congregando a moitos interesadoa na Biblioteca”
María Ramallo candidata a la reelección
Unha Biblioteca, engadiu Ramallo, “que é un punto importante en canto a infraestruturas culturais na vila e na que actuamos nestes catro anos, mellorando a sala de estudo e reacondicionando a sala infantil, utilizando como fío conductor á personaxe de Gago de Mendoza, para achegarlla aos máis pequenos”.
Pero si un espazo cultural mellorou sustancialmente nos últimos anos foi o Museo Municipal Manuel Torres. “Levamoa adiante unha mellora do noso museo, coa reforma da súa imaxe externa e interna e a reordenación do salón de actos, para facelo máis cómodo, moderno e funcional”.
E se seguimos pensando en infraestruturas, “o futuro só pode ir a mellor”, asegurou Ramallo. “É a primeira vez que ningún partido levamos no noso programa a creación dun
Auditorio, porque xa é unha realidade. Cando acaben as obras, teremos por fin para Marín un Auditorio á altura das nosas necesidades que nos permitirá dar un salto de calidade en canto a programación cultural”.
Cine na rúa, eventos folclóricos, presentación de libros, un Entroido que agora conta cunha Festa de Interese Turístico de Galicia, como é o Enterro da Sardiña… só son algunhas das propostas culturais levadas a cabo neste mandato.
“Queremos seguir apostando pola cultura como un elemento de dinamización social de Marín e farémolo non só programando desde o Concello, senón seguindo con Plan Cultural, aportando subvencións directas ás asociacións, e colaborando cos gastos dos eventos que nos propoñen, porque cremos na axenda propia das entidades que temos na vila”, rematoua actual alcaldesa.
Programa de próximas actividades de campaña
Oo compoñemntes da candatura do PP están levando un intenso trabalo de acercamento aos veciños especialmente coa entrega de propaganda e celebración de mitines nas parroaias. Onte foi en Santo Tomé de Piñeiro onde se reuniron cun nutrido grupo de persoas no que interviron ao lado de María Ramallo, Manuel Domingos, José Cidras e Pablo Novas, candidatos próximos ao rural sendo este último o actual responsable dese área no corporación.

O día de hoxe o adicarán a visitar o Mercadillo dos xoves e para as datas do 19, 20 e 21 teñen programados mítines en Campo,Seixo e San Xulián, todos eles nas respectivas casas de cultura.