Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Arranca a obra de seguridade viaria e de reposición de cunetas na EP-1201 no tramo entre Marín e Penizas

Carriola.CdM. 29.08.26

julio@carriola.es

A inversión, realizada pola Deputación de Pontevedra, titular da vía, ascende a case 85.000 euros. 

O coidado das infraestruturas viarias no rural é unha das prioridades de traballo do Goberno local, que trata de chegar a acordos coas administracións titulares das distintas vías para renovalas ou implementar melloras nas mesmas.

Desta vez é o caso da EP-1201 Marín - Penizas, na que acaba de iniciarse a execución das novas cunetas de seguridade que permiten ampliar a pla plataforma do vial para o peón e canalizar a drenaxe das augas pluviais na vía provincial.

A obra son 400 metros lineais, desde o parque infantil da Moreira ata o cruce do Castro da Subidá pola marxe esquerda. A empresa adxudicataria dos traballos é Excavaciones y construcciones Pérez S.L. por un importe de 84.847 euros, financiado íntegramente por fondos propios.

Para o Goberno Local trátase dunha obra moi demandada pola Asociación de Veciños Monte Penizas, Moreira, Cidrás e Porteliña porque nesa zona a estrada é moi estreita e as cunetas moi profundas e non había marxe para camiñar e producíanse filtracións a parcelas lindantes.

Esta actuación complementa a unha primeira que se realizara o ano pasado e deixa completamente mellorada a vía.

roslev