Carriola.Partido Popular (R).19.05.23
“Marín ten que ser un concello á altura da súa importancia e estes últimos catro anos serviron para poñer as bases daquelas cousas que serán unha realidade durante o próximo mandato”, asegurou a candidata á releección, María Ramallo.

Mitin en Santo Tomé de Piñeiro el miércoles
Neste mandato, un dos eixos de traballo que se levou a cabo foi a reordenación de todo o espazo urbano para que o estacionamento en Marín sexa máis cómodo e funcional. Acandidata do Partido Popular, María Ramallo, falou do estacionamento nos mitins de Mogor e Santomé, “porque somos conscientes de que é algo que lle concerne moito á xente do rural, que se despraza ata Marín para realizar compras, xestións…”
Zonas 2H e aparcadoiros públicos
Foron dúas as medidas estrela ao longo do mandato: a posta en macha das ZONAS 2H, deestacionamento limitado gratuito de dúas horas de tempo, e a apertura de 15 aparcadoirospúblicos gratuitos en parcelas céntricas, coas que se ganaron máis de 500 novas prazaspara o estacionamento en pleno casco urbano. “Esta é a primeira vez que ordenamos de xeito claro o noso aparcamento en superficie. Sabemos que aínda queda moito por facer neste sentido pero a realidade é que o futuro aínda será mellor”, explica Ramallo. Por que? Pois porque o seguinte proxecto estrela dos futuros catro anos será a construción dun aparcadoiro subterráneo no Parque Eguren”.
“Será un aparcadoiro con dúas prantas, cun total de 218 prazas”, avanzou a actual alcaldesa e candidata á reelección. “A primeira delas, con entrada e saída da Rúa Concepción Arenal, e con 104 prazas. A segunda, estaría conectada á superior cunha rampa e nela ubicaríanse 114 prazas”. “Sabemos que será unha inversión elevada, posto que temos cifrado o proxecto en cerca de 5 millóns de euros, pero cremos que é fundamental contar cunha infraestrutura destas características”, engadiu Ramallo. “Marín ten que ser un concello á altura da súa importancia e estes últimos catro anos serviron para poñer as bases daquelas cousas que serán unha realidade durante o próximo mandato”, asegurou.Ramallo cre que é posible facer “un urbanismo moderno e centrado nos peóns” que tamén teña en conta as necesidades do tráfico rodado. “Hai que buscar sempre alternativas, tratar de darlle á cidadanía formas de estacionar os seus vehículos, pero temos que facelo pensando no tipo de vila que queremos, máis cómoda, e para iso hai que seguir reordenando e apostando por infraestructuras como aparcadoiro subterráneo, que marcará un antes e un despois”.
Proxecto Smart Mobility
Pero é que ademais o Concello ten en marcha outro proxecto de Smart Mobility co que poder dar información en tempo real ás persoas da ocupación que hai nas principais rúasde Marín e dos aparcadoiros públicos. “As novas tecnoloxías tamén serven para isto, para facer cidades con máis servizos, e non queremos que Marín quede atrás”.