Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Por segundo ano consecutivo Marín acollerá o próximo fin de semana a final autonómica de”Freestyle”

Carriola.Redacción.19.05.23 

Será este sábado a partir das 17.00 horas na Finca de Briz e nela se enfrentarán os 8 clasificados nas previas realizadas en Vigo e na Coruña. Os dous gañadores viaxarán en agosto a Alicante para desputar a final estatal.

 O concelleiro Hugo González anunciou o evento e quixo facer fincapé, dixo, “no apoio que queremos dar desde o Concello a programacións como os que organiza BHB Galicia, co obxectivo de que Marín tamén se convirta nun referente de programación cultural e artística para a mocidade”

Hugo González estimou que A cultura e a improvisación urbana volverán ter unha cita imperdible esta fin de semana en Marín, coa celebración da final autonómica de freestyle na Finca de Briz a partir das 17.00 horas, que foi presentada esta mañá no Concello por parte dos organizadores de BhB Galicia e o concelleiro Hugo González

Segundo ano consecutivo

É a segunda vez que Marín acolle unha final a nivel galego desta disciplina artística na que participarán os oito clasificados nas dúas fases previas que se celebraron en Vigo e na Coruña, aos que se suman tamén Jota e Sozat, gañadores da final autonómica o pasado ano.

Aqueles que resulten vencedores nas batallas do sábado, clasificaranse de novo para a General Rap de Alicante, que se celebra en agosto, e para os que o Concello subvencionará a viaxe ata a cidade e a estancia durante a competición estatal.

Puntuable para o FMS España

Ademais, tal e como explicaron os organizadores durante a presentación do evento, esta final puntuará para o ránking de acceso ao FMS España.

 

roslev