Carriola.PP-Marín (R).20.05.23
A candidata popular desgranou os plans futuros para seguir desenvolvendo o casco urbano de Seixo, como a humanización da Rúa María González Rubido, a mellora da accesibilidade en Gago de Mendoza oy a creación dunha nova rúa na Travesía do Grupo Escolar.
O rural de Marín é un espazo moderno, cheo de servizos, cada día mellor conectado e quexa se está a establecer como un referente para as persoas que escollen vivir a certa distancia dos núcleos urbanos.“Levamos anos, sobre todo despois da pandemia, vendo como as licenzas para reformar ou construir casas unifamiliares no noso rural non paran de chegar. É evidente que o rural de Marín ten moito que ofrecer e todo o que levamos traballado para telo nas mellores condicións posibles e que os seus servizos poidan homologarse aos dos cascos urbanos forman parte desa tendencia”. Así o explicou a actual alcaldesa e candidata polo PartidoPopular, María Ramallo, que vén de ateigar mítins en Mogor, Santomé e O Campo.
Ao longo destes últimos catro anos, “creamos máis de cinco quilómetros de sendas peonís: de Bagüín a Seixo, de Vilaseca a Lapamán, de Coirados a Pardavila e ata Cadro,incluindo a baixada de Aguete”, recordou Ramallo. Agora, os populares propoñen para os próximoscatro anos seguir traballando neste eixo de mobilidade sostible terminando a conexión entreCadro e Cadrelo e creando novas sendas na Estrada de San Xulián, no Monte de Víos e naRúanova.
Atención ao Patromonio
No que respecta ao patrimonio que albergan as nosas parroquias, “este foi, sen dúbida, un mandato no que puxemos en valor todo aquilo que nos define. Actuamos en fontes e lavadores, como o da Roza ou o de Mogor, ademais de dixitalizar toda a información relativa a eles que agora se pode consultar en dúas webs municipais”, explicou a candidata popular.Outra liña de traballo no rural foi a renovación de servizos. En cuestións de alumeado, colocáronse puntos de luz LED en A Brea-Ameal, Seixo, Xuncal-Igrexario, Malvido, Vilaseca-O Pazo e Castro. E de cara ao futuro, o PP propón a mellora e a ampliación do abastecemento e o saneamento nos núcleos de Vista Alegre, A Costa, Cadrelo e Ameal.
A transformación urbana de Seixo
Por outra banda, este mandato “serviu para crear unha absoluta revolución no núcleo urbano de Seixo. A creación da gran praza que agora desfrutamos na contorna do Mercado e a humanización da Rúa Camiño Vello foron dúas apostas decididas para mellorar a calidade de vida da veciñanza e da parroquia”, declarou Ramallo.
O futuro seguirá na mesma liña, asegura o PP de Marín, que propón como proxectos futuros a humanización da rúa María González Rubido, no entorno no Centro de Saúde; amellora da accesibilidade na Rúa Gago de Mendoza, entre o cruce do Vial de Praias e oPorto de Aguete, e a creación dunha nova rúa na Travesía do Grupo Escolar.