Carriola.PSOE-Marín (R).20.05.23
Segundo Manuel Pazos: "A situación da vivenda en Marín é dramática. O actual goberno ten paralizadas moitísimas bolsas de solo, levan 11 anos sen desenvolver o Plan de Rehabilitación do casco antigo, non executaron ningún dos 42 solos urbanos non consolidados que figuran no planeamento, nin unha soa medida para o fomento do aluguer… Despois non é de extrañar que a xente acabe indo a vivir a outro lado. O síntoma máis evidente desta parálise é que levamos 12 anos sen que se constrúa ningún edificio en Marín.Para nós a vivenda é un dos principais eixos desta campaña e un motivo de preocupación constante. É imprescindible unha acción municipal decidida para desatascar esta situación. E a eso nos comprometemos, a un impulso sen precedentes en todo o relacioado co fomento da rehabilitación, o aluguer e o desenvolvemente de solos”
As consecuencias de doce anos de inacción en materia de vivenda por parte do actual goberno local son xa evidentes para todo o mundo. Nestos 12 anos de goberno da dereita non se adoptou ningunha medida municipal que activase o planeamento urbanístico, que impulsase o aluguer de vivendas baleiras, ou que fomentase activamente a rehabilitación das existentes. O exemplo máis evidente é que cinco anos despois de aprobarse no pleno municipal a elaboración dun Plan de Rehabilitación do casco antigo que mellore as posibilidades de reforma desas vivendas, todavía segue sen contratarse a elaboración do mesmo
Moitos son os síntomas desta inacción continuada e dañina. O número de vivendas que se construiron en Marín nos últimos doce anos son unha terceira parte das que se fixeron no mesmo periodo noutros concellos similares ao noso como Poio, Vilagarcía, Lalín, A Estrada, Porriño ou Cangas. Outro síntoma é que levamos 12 anos sen que se constrúa un so edificio en Marín, ou que non se desenvolveu ningunha das 42 areas do PXOM identificadas como solo urbano non consolidado.
Os socialistas queremos gobernar e activar decididamente todo o relacionado coa vivenda e a súa accesibilidade. Impulsando medidas de fomento do aluguer, facilitando e axudando na rehabilitación do noso casco antigo e de barrios como o de Cantodarea, impulsando con todas as ferramentas que temos á nosa disposición a edificación dos solares abandonados que xa contan con edificabilidade directa, e desenvolvendo o planeamento naquelas areas á espera de ser desenvolvidas.
Para os socialistas a falta de vivenda a prezos accesibles é Marín é unha prioridade e parte central do nosa acción política.