Carriola.BNG (R).22.05.23
Lucía Santos, candidata á alcaldía de Marín, afirma que “o BNG considera que mellorar a mobilidade é fundamental para ter un urbanismo moderno e ao servizo da poboación. É un factor esencial para a mellora da calidade de vida da veciñanza e apostamos por un transporte público de calidade, pola limitación e ordenación do tráfico, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a potenciación de zonas peonís.”
Propostas do BNG para unha Mobilidade sostible:
- Realización de estudos para a mellora da mobilidade urbana:
- Realización dun estudo técnico do tráfico na rede viaria de Marín, coa fin de avaliar posibles melloras e inverter o modelo de mobilidade (coche-peón / peón-coche).
- b. Realización dun estudo técnico para estudar a posibilidade de zonas no noso Concello para implantación de carrís bici.
- Creación de aparcadoiros ao servizo da veciñanza:
- a. Revisión e ampliación das parcelas destinadas a aparcadoiros disuasorios.
- Estudo dunha ubicación alternativa ao aparcamento soterrado do Parque Eguren nun espazo do centro da vila recollido no PXOM como futuro uso dotacional.
- Deseño e implantación de rutas escolares seguras para mellorar a fluidez do tráfico nas horas de entrada e saídas das aulas.
- Eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios municipais, vía pública, etc.
- Realización dun estudo para a instalación de pasos de peóns intelixentes que levan incorporado un sistema de iluminación LED no chan, que se activa cando un peón se acerca, activándose as luces.
- Xestionar coas administracións pertinentes as redes viarias:
- a. A mellora da seguridade
- b. Impulsar a humanización
- c. Intervencións paisaxísticas para mitigar o impacto visual e acústico…
- Requerimiento ás administracións pertinentes da realización dos novos viais supramunicipais para desviar o tráfico do núcleo da vila podendo acadar a estrada PO-313 e outros lugares do municipio.
- Requerimento á administración pertinente da reforma integral da estrada que comunica a PO-551 dende Caños de Moledo, pasando por Pastoriza coa PO-313 no alto da Cruz da Maceira.
- Ampliación do servizo de transporte público:
- a. Colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para fomentar liñas regulares e baixo demanda (https://www.bus.gal/gl/descargas/concellos) para mellorar as conexións comarcais facendo especial mención a Pontevedra e Montecelo (nova ruta abarcando Mogor, Seixo e Ardán)
- Aumento da frecuencia e horarios, con especial aplicación nun maior número de buses nocturnos nas fines de semana e festivos.
- Realización dun estudo técnico para establecer un servizo de transporte público municipal a demanda (taxis, microbuses...).
- Negociación coa Xunta dun bono de transporte metropolitano.
- Implantación de sinalización cognitiva para favorecer a autonomía das persoas de espectro autista, facilitando a súa orientación.