Carriola.Partido Popular (R).24.05.23
Marín acadou 2 millóns de euros para o seu Plan de Sostibilidade Turística. O proxecto estrela será a rehabilitación do Vial de Praias, cun carril bici renovado e cunha mellora da mobilidade total.
A candidata á reelección e actual alcaldesa de Marín, María Ramallo, ten claro o que quere para o litoral da vila: “Temos unha xoia absoluta ao longo da nosa costa. Unhas praias que non teñen nada que envexar ás do resto de Galicia e doutras costas de España. Queremos que a mobilidade cara a elas sexa un eixo prioritario nos próximos catro anos”.
Por iso, anuncia que un dos proxectos que se levará adiante se revalidan a Alcaldía será a consecución do futuro Vial de Praias, “un proxecto de renovación para conectar a senda peonil-ciclista e cunha mellora total da accesibilidade coa que queremos crear unha senda mellor, na que conviva de verdade e con seguridade a xente que pasea, a xente que vai en bicicleta e o tráfico”, explicou a actual alcaldesa, que detalla que este proxecto forma parte do Plan de Turismo Sostible de Marín, que presentou o Concello aos fondos dos Plans Turísticos de Sostibilidade en Destino (PSTD), financiados a través dos fondos europeos Next Generation EU.
Os obxectivos deste proxecto serán a mellora integral do itinerario peonil-ciclista, dotándoode seguridade, conectándoo coa rede ciclable que se vén de facer no casco urbano deMarín na Avenida de Ourense e mellorando, en xeral, todas as barreiras de accesibilidadeque hai nos accesos ás praias ao longo do trazado do vial. A actuación completaríase coacolocación de aparcadoiros para as bicicletas.
Para que o carril bici sexa seguro, no proxecto plantexarase que teña unha anchura abondoe con dobre sentido de circulación, cunha pavimentación resistente e antideslizante. Poroutra banda, mellorarase a iluminación naqueles puntos nos que aínda non haxailuminación LED, a pesar de que gran parte do viario xa foi renovado neste sentido.
Unha actuación que se suma á conexión da Rúa Do ForteEsta mellora do vial, ademais, leva implícita otra obra que xa ten o seu proxecto aprobado e que será “das primeiras actuacións que podamos levar a cabo se volvemos gobernar”, que é a rehumanización da Rúa do Forte, conectándoo tamén con mobilidade sostible desde o final do carril bici da Avenida de Ourense ata o inicio do vial de praias en Portocelo.
MITIN DEL PP EN PARDAVILA ESTA TARDE
La candidatura del Partido Popular se desplazará esta tarde a Pardavila donde María Ramallo estará acompañada por María Eugenia Fazanes y Pablo Novas en sus intervenciones . El acto dará comienzo a las ocho y media de la tarde y será en el local Juan XXIII de aquella zona marinense.