Carriola.BNG. (R).24.05.23
Lucía Santos afirma: “temos a firme convicción de que Marín pode converterse nunha referencia turística polos seus innumerábeis recursos turísticos” e engade: “o BNG aposta por un modelo transversal e diversificador, poñendo en valor os nosos recursos patrimoniais, culturais, etnográficos e paisaxísticos co obxectivo de incentivar a chegada do turismo de xeito regular e evitar que se concentre nuns poucos meses do ano.”
O BNG aposta polo turismo sustentábel, de calidade e plural. Lucía Santos, candidata á alcaldía do BNG de Marín, afirma que “temos a firme convicción de que Marín pode converterse nunha referencia turística polos seus innumerábeis recursos turísticos, cunhas condicións atraíntes e satisfactorias que motiven o coñecemento e desfrute responsábel.”
Santos engade que “o BNG aposta por un modelo transversal e diversificador, poñendo en valor os nosos recursos patrimoniais, culturais, etnográficos e paisaxísticos co obxectivo de incentivar a chegada do turismo de xeito regular e evitar que se concentre nuns poucos meses do ano.”
Manifesta que “a política do Concello dende hai 12 anos xira basicamente en torno á estacionalización do turismo (turismo de verán). Xa que logo, só se xera emprego temporal de tres meses ao ano.” E continúa, “no BNG apostamos por actuacións que avoguen pola desestacionalización do turismo coa finalidade de poñer en valor os nosos recursos etnográficos, mariños, histórico-artísticos, eco-xeográficos e arqueolóxicos para xerar emprego durante todo o ano.”
E para acadalo propón unha serie de medidas:
- Potenciar o atractivo do noso concello ligado a Patrimonio, Cultura e Ambiente.
- Creación dun Parque Arqueolóxico de Marín.
- Por en funcionamento unha oficina que sexa un punto de información municipal á altura do potencial turístico de Marín.
- Potenciar o transporte marítimo na ría e posta en valor da zona de atraque dos barcos de pasaxeiros:
- Recuperación do transporte marítimo en época estival entre Marín e a illa de Ons.
- Ampliación de rutas incluindo rutas á illa de Sálvora e a illa de Tambo e rutas nocturnas pola ría.
- Mantemento e posta en valor do cemiterio de embarcacións tradicionais no antigo peirao como espazo que forma parte da historia de Marín e da nosa relación co mar.
- Impulso dos recursos turísticos de Marín dentro da plataforma da Mancomunidade Turística Terras de Pontevedra (https://terrasdepontevedra.org/).
- Fomento do ecoturismo e o turismo deportivo.
- Realización dunha intervención paisaxística e mirador na baixada á praia de Portocelo no cruce coa estrada PO-551.
- Creación dun espazo cos servizos necesarios para que os usuarios e usuarias de caravanas sitúen Marín no seu mapa de rutas. Dende o BNG entendemos que isto dotaría a Marín dun servizo demandado e, polo tanto, contribuiría a potenciar o sector turístico.
- Posta en valor do Castro da Subidá.
- Adquisición de terreos colindantes
- Búsqueda de convenio para ampliación das excavacións.
- Musealización dos restos arqueolóxicos.
- Posta en valor do Parque da Brea:
- Crear un espazo de recreo.
- Potenciación do valor paisaxístico, cultural e arqueolóxico.
ACTO PÚBLICO ABERTO HOXE NA ALAMEDA
O BNG informa que mañá mércores 24 de maio ás 20:30h. na Alameda Rosalía de Castro de Marín terá lugar un Acto Público Aberto no que intervirán Lucía Santos (candidata á alcaldía de Marín), Luís Bará (deputado do BNG no Parlamento galego), Celia García (candidata 2) e José Souto (candidato 3).
No acto, no que serán presentadas publicamente a todas as persoas que integran a candidatura do BNG de Marín nestas eleccións municipais,intervirán o grupo musical A Revolta e a cantante Montse Ogando, artistas do noso concello.
Importante: No caso de mal tempo o acto será trasladado ao Multiusos da Praza de Abastos.
MITIN