The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PP defende o auditorio como infraestructura clave para o desenvolvemento cultural de Marín

Carriola.Partido Popular (R).25.05.23  

Conseguimos remediar en Marín unha débeda histórica e por iso nestas eleccións ningunha das candidaturas ten que levar este proxecto como unha promesa nos seus programas electorais. Teremos Auditorio e daremos un salto de calidade espectacular na nosa programación cultural. 

“Por primeira vez despois de 30 anos, ningunha das candidaturas ás eleccións municipais leva no seu programa a construción dun Auditorio de Marín, porque conseguimos facelo realidade”. Así se expresou onte a actual alcaldesa e candidata á reelección polo Partido Popular, María Ramallo, que cre que con esta obra, xa iniciada e que se desenvolve a un ritmo fantástico a pesar de todas as dificultades, “Marín consegue remediar unha falta histórica, como é contar cunha infraestrutura cultural á altura da nosa cidade”. A consecución deste proxecto é froito dunha única receita: “xestión, moitísimo traballo e capacidade para acadar financiación externa para unha das nosas inversións máis relevantes”. Ramallo quixo poñer en valor como grazas “a todo o esforzo que fixemos en conseguir a nosa estratexia Marín Dusi, que nos permitiu ter fondos europeos, e á cofinanciación que conseguimos tamén da Xunta de Galicia, en cuestión dun tempo poderemos estar estrenando un Auditorio que nos permitirá dar un salto de calidade espectacular na nosa programación cultural”.

Pola súa ubicación, o edificio está plantexado para integrarse á perfección no entorno, a Praza de España. Estará semisoterrado, reducindo así a barreira visual e fusionándose á perfección co litoral. Fundamentalmente, o exterior do inmoble combinará tramos verdes, de cuberta vexetal; tramos de cristal e tramos de aceiro. Será especialmente interesante a vista que se poderá ter do edificio desde a Alameda, dado que, ao estar máis elevada sobre o terreo, servirá como miradoiro da superficie do edificio. Ademais, polas medidas de eficiencia enerxética que se incluiron no proxecto, será un EECN (Edificio de Consumo de Enerxía Case Nulo).O deseño do interior do Auditorio está pensado para que teñan cabida todo tipo de actividades socioculturais, desde as que precisan un espazo amplo ata unha pequena aula para actividades máis de diario. Todas elas, en torno a un vestíbulo que poida facer ás veces de praza maior.

A sala principal contará cun patio de butacas cunha superficie de preto de 640 metros cadrados, un escenario de cerca de 220 e con 550 localidades.