Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Aberto o plazo de licitación para explotar o quiosco da Finca de Briz por un período de cinco anos

Carriola.Concello de Marín /R).04.06.23  

O Concello ven de publicar as bases de licitación para a explotación do quiosco ubicado no interior da finca de Briz cun plazo que finalizarà a finais do mes de xuño 

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou o anuncio da licitación para renovar a concesión do quiosco que se atopa na Finca de Briz. Este espazo, que é un módulo prefabricado en pleno corazón da finca e cunha terraza de 12 metros cadrados de espazo, é un ben de dominio público, que está destino á venda de produtos alimenticios, lambetadas e/ou bebidas.

 Tal e como se pode ler no prego, o quiosco entrégase nas condicións nas que se atopa actualmente, sendo de conta da persoa adxudicataria os labores de limpeza e posta a punto do mesmo para o exercicio da actividade.

Conservación do ben municipal 

Unha vez que o concesionario leve a cabo as adaptacións no quiosco, estará obrigado a conservalo en perfecto estado, debendo entregalo nas mesmas condicións no momento de rematar a concesión. Serán por conta do concesionario todas as obras de reforma, reparación, conservación e mantemento que deban facerse no quiosco. O prazo de duración da concesión será de cinco anos, a contar desde o día seguinte á firma do documento administrativo no que se formalice a concesión. Este prazo ten o carácter de improrrogable, polo que, unha vez cumprido o mesmo, reverterá o quiosco a este Concello.

Canon mínimo de 608 euros anuais

O canon a satisfacer pola concesión terá o carácter de taxa, conforme á ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación privativa ou aproveitamento especial de dominio público. O canon mínimo fíxase en 607,93 euros anuais. As persoas licitadoras determinarán na súa proposición o canon que ofertan, que en ningún caso poderá ser inferior a esa contía.O horario de apertura e peche do quiosco rexerase polo establecido en cada momento na normativa autonómica de comercio interior e horarios comerciais, sendo como mínimo o seguinte: nos meses de outubro a abril, de luns a venres de 16:30 a 18:00 e fins de semana e festivos de 11:00 a 19:00, e nos meses de maio a setembro, toda a semana de 11:00 a 20:00.

Presentación de ofertas

A presentación de ofertas, realizarase exclusivamente a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, no seguinte enderezo electrónico: https://contrataciondelestado.es, de acordo co previsto na Guía dos Servizos de Licitación Electrónica para Empresas que poderán atopar no enlace: https://contrataciondelestado.es/wps/portal/guiasAyuda.

O prazo será de 30 días hábiles.

roslev