Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Nova campaña municipal de dinamización do consumo

Cristina Acuña e Marián Sanmartín explicaron o contido na alameda.
Do 22 de marzo ao 22 de abril será un mes completo de campaña de dinamización do comercio e o consumo  local promocionada polas concelleiras de Comercio e Medio Ambiente nun acto ao aire libre que tivo lugar na alameda Rosalía de Castro. Ambas concelleiras destacaron a importancia do apoio ao comercio local especielmente neste intre en que se está atravesando unha crise importante que leva xa moitos meses de desenrolo. “Mercar no comercio local e apoiar o noso non debe ser unha excepción- dixeron - debido á difícil situación que está a atravesar o sector e ten que ser constante e  seguir apostando polos nosos establecementos porque a economía local e a que tece a nosa rede produtiva".

Chega a primaveira a Marín en Rede

A nova campaña ten por títulon "Chega a primavera a Marín en Rede" e  por obxecto dinamizar o consumo nos comercios e nos locais de hostalaría da vila que estean adheridos á plataforma Marín en Rede, a excepción dos establecementos de alimentación, farmacias e mercados de abastos, que por ser servizos esenciais non viron paralizara a súa actividade durante o confinamento e as diversas restricións derivadas da pandemia.

Entrega de prantas ornamentais

A concelleira de Comercio indicou que “A campaña arrancará o 22 de marzo e durará un mes, até o 22 de abril, durante o que a veciñanza ou os visitantes de Marín poderán facer gasto nos establecementos adheridos á plataforma dixital, ata chegar a un mínimo de 30 euros de compra, que pode ser nun só ticket ou varios, que se canxearán por unha planta ornamental”. Acuña adiantou que esta pranta será un rosal pequeno, especie moi boa para plantar fóra, tanto para as persoas que teñan un xardín exterior, como para poñela no interior nunha maceta” e engadiu que  “Os clientes terán que gardar os tickets orixinais durante un mes xa que, cando remate a campaña, os días 23, 24 e 25 de abril poderán achegarse até a Oficina de Turismo da Praza de España, onde presentando os seus xustificantes de compra recibirán unha pranta que poderán poderán recollerse de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas (a excepción do domingo, que será só en horario de mañá)”

Setecentas prantas de rosal

Pola súa parte, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, que tamén estivo na presentación, asegurou en rolda de prensa que “os peches perimetrais fixeron a moitos veciños redescubrir ou, nalgúns casos, descubrir de primeiras establecementos comerciais da propia vila que antes non frecuentaban” Sanmartín  animou á veciñanza a seguir consumindo na localidade local, "porque Marín - dixo- precísao máis ca nunca".
En total, para unha primeira remesa, o Concello ten adquiridas 700 plantas, aínda que as edís anunciaron que, en caso de que haxa máis demanda, adquiriranse para que todos os veciños e veciñas que consigan xuntar 30 euros de compra poidan quedar cun rosal. O máximo será de dúas plantas por persoa.

Adherirse a Marín en Rede

A plataforma dixital da economía local de Marín ten actualmente cerca de 200 negocios adheridos, cada un cunha ficha multimedia cos seus datos de contacto que pode ser consultada con facilidade a través do directorio. Para formar parte, é abondo con entrar en www.marinenrede.es cubrindo o formulario que alí aparece ao clickar no botón "Dar de alta o meu negocio".

roslev