Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG lamenta a negativa do PP-PSOE a modernizar e dignificar a política local

Carriola.Lucía Santos Omil (*).01.07.23 

Temos que denuniciar o reparto de representantes nas Comisións Informativas, que discrimina ao BNG cun só representante, e lamentamos que propostas encamiñadas a modernizar e dignificar a política local foran rexeitadas polo PP e polo PSOE”

Lucía Santos Omil

No primeiro Pleno da nova Corporación Municipal, celebrado onte xoves, o BNG presentou unha serie de medidas encamiñadas a modernizar e dignificar a política local. Lonxe, moi lonxe, quedan xa as boas palabras do discurso de investidura da alcaldesa María Ramallo, o pasado 17 de xuño, chamando a tender pontes e á colaboración entre os grupos.

No Pleno tratáronse diferentes asuntos relacionados coa organización da Corporación Municipal nos vindeiros catro anos, e o primeiro que cómpre salientar é que o BNG resulta gravemente prexudicado co reparto de representantes nas Comisións Informativas.

En 2007 e 2011 as Comisións Informativas estaban constituídas por 8 membros, en 2015 eran 7 e en 2019 o número ampliouse até os 9. A proposta de reducir o número de representantes a 7 nesta lexislatura motivou a queixa do BNG, ao resultar un reparto de 4 representantes para o PP, 2 PSOE e tan só 1 para o BNG.

Propostas do BNG sorprendente o  PP, decepcionante o PSOE

No BNG fixemos 3 propostas diferentes que deixarían un reparto xusto, con Comisións de 5 membros (3 PP, 1 PSOE, 1 BNG), 8 membros (4 PP, 2 PSOE, 2 BNG, co voto de calidade do PP que aseguraría a súa maioría) ou manter a da pasada lexislatura de 9 membros (5 PP, 2 PSOE, 2 BNG).

O PP defendou como única posibilidade a configuración das Comisións con 7 membros, pechándose en banda a valorar calquera outra opción, e finalmente aprobouse cos votos favorábeis do PP e do PSOE. E, se sorprendente foi a postura do PP, negándose en redondo a valorar calquera alternativa que proporcionara un reparto xusto, resultou decepcionante ver como o PSOE votou a favor da mesma, apoiando deste xeito a discriminación do BNG nas Comisións.”

E malas formas

Por outra banda, a distancia do discurso de investidura da Sra. María Ramallo co visto onte no Pleno non se limitou tan só ao fondo do debate, senón que tamén se puido constatar nas formas empregadas polo Tenente de Alcalde, Manuel Santos, que amosou unha chamativa impertinencia e unha falta de respecto polo grupo do BNG desde a súa primeira intervención. 

A proposta de redución de comisións, tampouco

Noutra orde de cousas, o BNG presentou unha proposta para reducir o número de Comisións Informativas, das 7 actuais e tan só 3 entendendo que, con ela, o BNG pretendía racionalizar o funcionamento da administración local, reduciriase o número total de representantes nas comisións de 49 a 21, coa redución conseguinte das asignacións económicas, e reduciriase tamén a carga de traballo do funcionariado., pero,  proposta foi rexeitada por PP e PSOE.

Adicacións exclusivas ou parciais

Outra proposta presentada polo BNG pasaba por outorgar aos grupos da oposición unha adicación a unha persoa de cada grupo, que podería ser exclusiva ou parcial pis entendemos que todos os Grupos Municipais deben dispoñer dos medios necesarios para desenvolver o seu traballo e que, os concelleiros e concelleiras da oposición, tamén representan á veciñanza polo que deben dispoñer dos medios necesarios para facer o seu traballo. Mais igual que nas anteriores propostas o PP e o PSOE tamén se negaron. Cómpre lembrar que no concello de Pontevedra, o PP, na oposición, ten 3 adicacións exclusivas e 2 postos eventuais de persoal de confianza; e o PSOE, tamén de momento na oposición, 2 e 2.

Así, lamentamos desde o BNG que, propostas encamiñadas a modernizar e dignificar a política local, foran rexeitadas polo PP e polo PSOE e, o que onte quedou claro, é que para o PP a dignificación da política local redúcese á dignificación do seu grupo.

Á luz do visto neste primeiro, Pleno, todo parece indicar que esta vai ser unha lexislatura moi diferente á anterior.

(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz municipal do BNG de Marín

 

roslev