Carriola.C.R. Ría de Marín.01.07.23
O equipo marinense acadou un total de 4 ouros e 2 de bronces nas categorías alevín, infantil e veteranos pechando unas gran tempada de preparación e competicións.
Os alevíns do Clube de Remo Ría de Marín finalizaron a tempada galega cun grande éxito ao colgarse o ouro no Campionato Galego de Remo Olímpico celebrado este domingo en Castrelo de Miño (Ourense), proclamándose así os mellores de Galicia nas probas nas que participaron. É de destacar que este mesmo grupo de alevíns conseguiu no que vai de tempada o ouro no Campionato Galego de Remoergómetro, celebrado en Marín, e o ouro na Liga de Remo Olímpico. Os infantís do club e os veteranos tamén tiveron unha boa participación, obtendo un ouro, 3 bronces e unha 4ª, 6ª e 10ª posición.
Resultados do club

1x AM, Breogán Gutiérrez : ouro
2x AM, Alejandro Estebanez e Rubén Sobral: ouro
2x Mixto A, Saleta Fariña e Gorka Ribadulla: ouro
1xVF, Pilar Vázquez: ouro
2xVM, Jose Ramón García e Francisco López, bronce
4xVM, Jose Ramón García, Ernesto Vázquez, Francisco López e Javier Santos , bronce
2xVM, Ernesto Vázquez e Benito Fernández , 4ª posición
1xVM, Javier Santos, 6ª posición
1x IM, Rodrigo Luengo, 10ª posición
Peche da tempada e comenza o campamento de verán

Péchase así a tempada autonómica, so a espera do Campionato de España que se celebrará o vindeiro fin de semana. Para todos aqueles que queiran vir a probar o remo, que tantas alegrías está dando últimamente en Marín, recordamos que as inscripcións do campamento de verán están abertas, e que os únicos requisitos para poder iniciarse son saber nadar e ter dez ou máis anos. As inscricións poden facerse no teléfono 669957267.