Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Xunta e Concello avanzan na próxima apertura do novo Centro de Día público autonómico na antigua Casa do Mar

Carriola.Consellería Políica Social.(R) 05.07.23 

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodriguez,  e a alcaldesa María Ramallo, reuníronse para abordar os trámites que restan por completar O obxectivo é que este servizo para a atención e coidado das persoas maiores entre en funcionamento despois do verán con 20 prazas dispoñibles. O Goberno galego financiou con 250.000 euros as obras de adecuación e o equipamento do centro, que esta emprazado no primeiro andar da Casa do Mar

A Xunta de Galicia e o Concello de Marín seguen a dar pasos adiante para que o novo centro de día público para persoas maiores da localidade estea operativo despois do verán. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, reuniuse na xornada de onte coa alcaldesa do concello, María Ramallo, para tratar os trámites que quedan por completar para a posta en marcha deste servizo e a súa inclusión na rede pública autonómica.

Espacio de coidado de Maiores e dos máis pequenos

O centro está emprazado no primeiro andar da Casa do Mar, nunhas instalacións que previamente foron acondicionadas e equipadas para acoller este servizo. O Goberno galego financiou con 250.000 euros esta actuación, que tivo un custe total de 418.000 euros, asumindo o Concello a cantidade restante e a execución das obras. Ademais, con este novo equipamento se completa a renovación da Casa do Mar de Marín como un espazo destinado ao coidado dos maiores e dos máis pequenos, pois no seu baixo alberga unha escola infantil da Xunta.

De vinte a cuarenta prazas dispoñibles

Este servizo de atención diúrna entrará en funcionamento con 20 prazas dispoñibles. No caso de ser necesario estas poderán incrementarse ata acadar a capacidade máxima que ten o centro, que é de 40 prazas. A súa xestión correrá a cargo da Xunta de Galicia, a través do Consorcio, que esta semana licitará a prestación do servizo.Como no resto de centros de día de titularidade pública, para pedir praza é necesario que a persoa solicitante teñan tramitada, en primeiro lugar, a situación de dependencia. As familias interesadas poden dirixirse aos servizos sociais municipais ou á Xefatura Territorial da Xunta de Galicia para coñecer cales son os requisitos que se deben cumprir e a documentación que precisan para pedir praza.

MODO DE SOLICITAR UNHA PRAZA NO CENTRO

Pola súa parte, desde eo concello especifícase o trámite a seguir para solicitar unha praza nese novo servicio do Centro de Día público. As persoas ineresadas deberàn, segundo indicna desde o propio Concello de Marín,

1º.- Pedir cita nos Servicios Sociais do concello a través do tel´`efono 986838117 en horario de nove a dúias, pola mañán.

2º.- Solicitar a determinación de grao de dependencia para a persoa ususaria no caso de non tela xa solicitada

3º.- No caso de estar desfrutando xa da libranza que da a Xunta pàra as persoas que estàn numn Centro de Día privado, valorar se se quere optar pola posibilidade de acceder a unha praza pública agora que existe esta infraestructura

roslev