Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG aplaude a declaración das praias como espazos libres de fume mais critica a incoherencia do PP

Carriola.Lucía Santos Omil (*).06.07.23 

É unha proposta encamiñada a promover un estilo de vida saudábel e a sensibilizar á veciñanza en relación coa necesidade de respectar e coidar o medio ambiente e pedimos un pouco de rigor ao PP á hora de analizar as propostas da oposiciónporque rexeitaron a proposta (en 2021) porque era unha iniciativa do BNG, e agora dase conta de que é unha boa medida.

Lucía Santos

En xuño de 2021, o BNG de Marín presentou unha proposta na Comisión de Medio Ambiente para declarar todos os areais marinenses como espazos libres de fume, que foi rexeitada polo PP. Tan só dous anos despois o PP muda a súa postura e dá a razón ao Bloque

Aplaudimos a declaración das praias como espazos libres de fume, unha proposta encamiñada a promover un estilo de vida saudábel e a sensibilizar á veciñanza en relación coa necesidade de respectar e coidar o medio ambiente. O tabaco non ten nin un só efecto beneficioso para a saúde e causa a morte de máis de 50.000 persoas cada ano no estado español, amais de provocar numerosas enfermidades e uns custes moi elevados para o sistema de saúde.

Por outra banda, é unha medida enfocada a loitar contra a contaminación que provocan as cabichas nos areais e mares, o residuo tóxico que máis abunda nas praias e costas.É un problema de contaminación medioambiental grave, xa que estes residuos conteñen até 400 substancias tóxicas e tardan uns dez anos en degradarse, supoñendo un problema para o mantemento do bo estado das praias e dos mares. Estes tóxicos afectan á flora e a fauna, e poden pasar ao noso organismo a través da cadea de alimentación.

Estamos a falar, pois, dunha proposta razonábel e necesaria. Mais para o BNG resulta moi difícil de entender que fora rexeitada polo PP hai tan só dous anos. Pedimos un pouco de rigor ao Partido Popular á hora de analizar as propostas da oposición. Rexeitouna daquela  porque era unha iniciativa do BNG, e agora dase conta de que é unha boa medida.

(*) Lucía Santos Portavoz do BNG na Corporación Municipal

roslev