Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O PP súbese os soldos e xa son o goberno municipal máis caro da historia de Marín

 Carriola.Psoe (R).06.07.23 

“O PP aprobou aumentar o salario da Alcaldesa e o Tenente de Alcalde que se incrementa en 8.000€, o concelleiro de Medio Rural pasa de 33.000€ a 47.000€, e a de Medio Ambiente que comezou tendo un salario de 36.000€ e xa está en 50.000€. A esto lle debemos sumar os 41.000€ do novo posto de responsable de prensa. Xa son o goberno máis caro que houbo en Marín. Que lonxe quedou aquelo de “facer máis con menos”, agora fan “o mesmo pero cobrando máis”.

Dende o PSOE sempre compartimos que o alcalde ou alcaldesa cobrase o mesmo que o funcionario de maior rango do noso concello. É un criterio que se leva empregando moitos anos e que nos parece axeitado pola responsabilidade e adicación que conleva o cargo. Por ese motivo o salario da alcaldesa queda establecido nos 62.906€ brutos anuais tras incrementarse en 8.000€ por efecto da suba do IPC.

A maiores tamén percibirá un salario como deputada provincial, e motivo polo cal pensamos que tampouco pasaría nada se nesta ocasión se fixese unha excepción e conxelase o seu salario municipal toda vez que percibirá outro, e non menor, da Deputación de Pontevedra. Algo similar sucede co salario do Tenente de Alcalde que se incrementa noutros 8.000€ polo mesmo motivo de actualización salarial e percibirá 52.820€.

Con todo o que non compartimos é o que sucede coas adicacións exclusivas dos responsables de Medio Rural e de Medio Ambiente. O concelleiro de Medio Rural pasou de ter un salario de 33.000€ a fixarse un de 47.000€, unha suba superior ao 42% fora de calquera explicación. E algo similar sucede coa concelleira de Medio Ambiente, que en lexislaturas anteriores tiña un soldo de 36.000€ e foi subindo pouco a pouco a súa contía ata fixala agora nos 50.000€.

E a estas subas de soldo temos que engadirlle a creación dun novo posto, o de responsable de prensa, que é de libre designación e para o cal o PP fixou un salario de 41.000€, máis que o alcalde de Poio.  

Xa son o goberno máis caro da historia de Marín, e nada queda daquel goberno que presumía de austeridade e de “facer máis con menos”. Agora fan o mesmo pero cobrando máis, motivo polo cal os concelleiros socialistas votamos en contra destas subas de soldo tan elevadas.

 

roslev