Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta informa de tres liñas de axudas para impulsar o emprendemento en Galicia abertas ata o día 17 de agosto

Carriola.Consll. de Promoción e Igualdade.21.07.23

julio@carriola.es

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, destacou hoxe que aínda poden pedirse os apoios de dous programas autonómicos deseñados para fomentar o empredemento no traballo autónomo, nas pequenas e medianas empresas e na economía social que suman 13 millóns de euros. Indicou que, O programa Emega, de apoio ás iniciativas empresariais de mulleres, con 4,8 millóns de investimento, conta con axudas que van desde os 8.000 euros por beneficiaria aos 42.000 euros en función da liña solicitada e do número de postos de traballo creados

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, explicou onte as principais axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para impulsar o emprendemento en Galicia nunha xornada online informativa que organizou a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Tres liñas de apoio

Existen na actualidade tres liñas de axudas dirixidas a apoiar ás persoas emprendedoras que se poden pedir, xa que continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes. Dun lado, dous programas que suman 13 millóns de euros para impulsar o emprendemento no traballo autónomo, nas pequenas e medianas empresas e na economía social.

*  Convocouse unha iniciativa dotada con seis millóns de euros para o período 2023-2024, que permitirá financiar investimentos de entre 10.000 e 200.000 euros realizados por negocios con ata 42 meses de actividade, con achegas que poderán acadar os 90.000 euros. Esta convocatoria inclúe tamén incentivos de 6.000 euros pola contratación de persoas desempregadas por parte das entidades beneficiarias. Estas axudas poden solicitarse ata o próximo 17 de agosto.

* Tamén se publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) outra liña de apoios por sete millóns de euros destinada a financiar negocios en activo que nacesen a partires do 1 de xaneiro de 2021, baixo a influencia da pandemia.

Estes apoios poden solicitarse ata o vindeiro 29 de setembro.  Son axudas para dar cobertura aos investimentos realizados entre o 5 de novembro de 2022 ata a data da solicitude nestas empresas e os apoios van desde os 3.000 euros para o mínimo investimento financiable (de 5.000 euros) ata os 30.000 euros para o máximo (100.000 euros) para dar cobertura a investimentos xa realizados (debidamente xustificados mediante factura) en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais ou compra de equipos de segunda man, entre outros.

Apoio á muller emprendedora

* O secretario xeral de Apoio ao Emprego referiuse, ademais, aos apoios do programa Emega, de impulso ao emprendemento feminino, que se poden solicitar aínda, ata o próximo 7 de agosto. A iniciativa conta nesta edición cun  orzamento histórico de máis de 4,8 millóns de euros (case un 10% máis que o ano pasado). Emega comprende axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres. Tamén medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos.

A contía dos apoios vai dos 8.000 euros por beneficiaria aos 42.000 euros en función da liña solicitada e do número de postos de traballo creados ou mantidos para mulleres de  carácter indefinido. A estas cifras engadiríase, de ser o caso, a axuda complementaria da liña Concilia, que oscila entre os 3.000 e os 5.000 euros.

 

roslev