Carriola.Tino Iglesias (*).21.07.23
julio@carriola.es
E necesaria a emisión dun bando informativo co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga nestes meses de verán, cun espíritu construtivo e de concienciación medioambiental.

Tino Iglesias
l que a situación actual de reservas de auga nas distintas demarcacións territoriais da demarcación hidrográfica Galicia-Costa é notoriamente superior ca existente hai agora un ano, o BNG de Marín considera necesario á vista do incremento exponencial do consumo nas últimas semanas e a previsión de ausencia de chuvia nos próximos meses, a emisión dun bando informativo co fin de preservar un ben tan esencial como é a auga apelando ao civismo e á responsabilidade da veciñanza para reducir o consumo da auga nestes meses de verán, cun espíritu construtivo e de concienciación medioambiental.
No último Pleno da Corporación trasladamos esta solicitude ao goberno local coa proposta destas medidas:
- Uso razonable e preferente da ducha en vez do baño.
- Pechar o grifo cando non se estea utilizando.
- Rega das plantas pola mañán ou ao atardecer para que non se evapore a auga.
- Uso de electrodomésticos con carga completa (lavadora, fregapratos,…)
- Reparar calquera goteo ou fuga.
- Restrinxir no posible o lavado de coches, baldeos de espazos e o recheo de piscinas.
Manifestamos tamén que non solicitamos nin consideramos necesario neste momento a adopción de medidas especiais, como as tomadas o pasado verán, que motivaron a suspensión de servizos municipais como:
- O baldeo e limpeza dos espazos públicos.
- Duchas, lavapés e lavamans nas praias.
(*) Tino Iglesias García, Concelleiro do BNG de Marín