Carriola.Celia García Santomé (*).25.07.23
julio@carriola.es
O ideal sería mediante árbores e vexetación que fixeran o entorno máis amábel e natural aínda que tamén se podería estudar a posibilidade de instalar toldos que proporcionen sombra e alivio ante a intensa calor.

Celia García
Nos pasados días, no BNG de Marín recibimos as queixas dun grupo de persoas en relación coa falta de sombra na zona dos xogos de auga situada no paseo Alcalde Blanco. Estamos en pleno verán, e as persoas que acoden a esta zona cos seus fillos e fillas a refrescarse e a desfrutar do bo tempo non dispoñen dun só lugar onde poder refuxiarse do sol.
Os negativos efectos que produce á exposición ao sol para a sáude, constantemente lembrados polos profesionais da saúde, fan que sexa absolutamente necesaria a instalación de sombras na zona.
É por isto que o BNG solicitou no Pleno da Corporación municipal, celebrado a pasada semana, a instalación dalgún sistema que proporcione sombra ás familias.Entendemos que, o ideal, sería mediante árbores e vexetación que fixeran o entorno máis amábel e natural pero tamén se podería estudar a posibilidade de instalar toldos que proporcionen sombra e alivio ante a intensa calor.
Esta circunstancia é un detalle evidente que xa debera estar previsto no proxecto de instalación da zona de xogos acuáticos.
(*) Celia García Santomé é Concelleira do BNG de Marín