Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Desde o BNG pedimos solucións para a mellora dos servizos do Centro de Saúde de Marín

Carriola.Celia García (*).17.08.23

julio@carriola.es

A prioridade dunha administración para co seu pobo pasa por uns servizos de calidade dignos, como a sanidade pública e de calidade e esta problemática está a afectar periodicamente á cidadanía marinense sen que o Goberno Local faga presión á Xunta de Galicia na busca de melloras na sanidade de Marín.

Celia García concelleira do BNG

Nesta pasada semana, o BNG de Marín trasladou a problemática que se está a vivir no Centro de Saúde de Marín coa falta de médicos e de atención á cidadanía nas urxencias, que se vían desbordados unha vez máis e que isto provocaría unha longa espera para moitas das persoas que se achegaban con doenzas.

Ao longo destes anos, non foron escasas as concentracións e manifestacións ás que se sumaban un gran número de marinenses demandando unha sanidade pública e de calidade, onde os postos médicos non queden ao descuberto. Mais semella que a atención do Goberno Local non está enfocada nunha das peticións máis importantes da nosa veciñanza.”

No pleno do pasado xoves, día 10 de agosto, consultouse á Alcaldía, como tamén se fixera con anterioridade á Delegada da Comisión de Medio Ambiente, Benestar Social, Cultura e Igualdade, por esta situación e preguntamos se tiñan coñecemento da situación no Centro de Saúde de Marín, onde as listas de agarda xa alcanzan os 15 días e as esperas en urxencias fanse eternas e, sumado á cuestión, queriamos saber se o Goberno municipal entrou en contacto coa Xunta para facerlle saber desta situación pola que está a pasar a sanidade dunha poboación de case 25.000 habitantes.

A resposta na Comisión foi a sorpresa polos feitos acontecidos, dado que non tiñan constancia da falta de médicos no Centro, mentres que a Alcaldía defendía que o ocorrido era por baixas e vacacións, o cal, dende a nosa perspectiva, non pode ser a escusa de que o Centro de Saúde de Marín quede baixo mínimos.

A prioridade dunha administración para co seu pobo pasa por uns servizos de calidade dignos, como a sanidade pública e de calidade, e esta problemática está a afectar periodicamente á cidadanía marinense sen que o Goberno Local faga presión á Xunta de Galicia na busca de melloras na sanidade de Marín.

A sanidade pública, digna e de calidade é para o Bloque Nacionalista Galego unha principal prioridade, porque a nosa veciñanza merece unha atención médica inmediata e iso só pasa pola demanda do Concello a aqueles que teñen a capacidade de reaccionar.

 (*) Celia García Santomé é Concelleira do BNG de Marín

 

roslev