Carriola.Redacción.29.08.23
O Centro de Formación “A Aixola”. que funciona no interior do Porto de Marín anúnciase o próximo comenzo de varios cursos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e pola Consellería do mar.
Recibimos en Carriola una nota informativa do Centro de Formación “A Aixola na que indican:
“Os nosos próximos cursos para o mes de setembro son: "Máquina de ferramenta de control numérico (CNC)" e "Prevención de riscos no sector pesqueiro" que desenvolveremos no Centro de Formación Aixola (en Marín, Pontevedra).

Curso de "Máquina de ferramenta de control numérico (CNC)"
A data de inicio é o día 11 de setembro e o seu remate o 26 de setembro.
Trátase dun curso de 12/14 prazas e 60 horas de duración, que se desenvolverá de tarde, en horario de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres.

Curso de "Prevención de riscos no sector pesqueiro"
Este curso está previsto que comence o día 11 de setembro ata o día 22 de setembro.
É un curso de 50 horas de duración, en horario de mañá dende as 9:00 h a 14:00 h de luns a venres.
Todos os cursos son presenciais e totalmente gratuitos, xa que está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar e para a admisión de alumnos neles, nos requisitos de acceso, valórase a relación co sector marítimo-pesqueiro.