Carriola. José Souto(*). 29.08.23
Este feito podería quedar nun incidente anecdótico, mais é o cuarto ano consecutivo no que o rego automático salta estropeando material dos comerciantes.
O pasado día 4 de agosto celebrouse a Inauguración da IV Edición Stock Marín. Un evento que durou dende o día 4 até o 6 e resultou todo un éxito, polo que aplaudimos o traballo do Centro Comercial Local Estrela de Marín, e dos comerciantes que participaron. Dende o BNG desexamos que esta feira xa consolidada siga tendo continuidade.
Mais temos que lamenta que por un erro do sistema de rego automático no xardín da Alameda, entrou auga na carpa da feira, mollando caixas de mercancía de tres postos de comerciantes e, este feito, podería quedar nun incidente anecdótico, mais é o cuarto ano consecutivo no que o rego automático estropea material dos comerciantes, polo que o temoslle pedido explicacións no pleno á concelleira delegada de Turismo, Cristina Acuña, por como pode ser posible que todos os anos cometan o mesmo erro.
Por outra banda solicitamos ao goberno municipal que se analicen os danos ocasionados e os comerciantes reciban unha indemninación pola mercancía estragada porque estamos ante un claro caso de falta de previsión pero, o mais grave, é que esta equivocación xa está sendo costume no Stock Marín,causando molestias e perdas económicas aos comerciantes que resultan afectados.
(*) José Souto Piñeiro.Concelleiro do BNG