Carriola.Redacción.16.09.23
Desde o Concello. Maríán Sanmartín fai un chamamento para amosar apoio ao pobo marroquí nos graves momentos que están pasando a concecuencia do terremoto sufrido hai uns días. A concelleira explicou que a Asociación de Mulleres Corazón Aberto e o CEIP da Laxe serán os que coordinen esta recollida de productos que se demandan desde o país afectado polo desastre natural.
A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, quixo mostrar “o apoio total do Concello á poboación marroquí que vive en Marín e que está a sentir esta traxedia coma propia, así como á poboacion afectada” e explicou que a Asociación de Mulleres Corazón Aberto e o CEIP da Laxe puxéronse en contacto co Concello para sacar adiante unha recollida solidaria, que se fará en coordinación con varias comunidades islámicas de España.
Punto de coordinación da recollida
O punto de recollida será o CEIP da Laxe, centro que actualmente é o que ten máis alumnado marroquí nas súas aulas, e recolleranse mantas, lanternas, placas solares, cueiros, tendas de campaña, carpas… e productos similares para o frío.O horario de recollida será de luns a xoves de 09.00 a 14.00 horas e os martes tamén de 16.00 a 19.00 horas.
Desde o Concello, a concelleira manifestou “Agradecemos enormemente a colaboración das persoas que xa foron chamando nos últimos días para mostrar a súa disposición a axudar” e animou á veciñanza a volcarse nesta recollida sendo o Consistorio o que terá como labor facer que os productos recollidos cheguen ao seu destino.