Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Campus en Liña de Igualdade Laboral expide máis de 700 certificados do curso de prevención do acoso sexual por razon de sexo no traballo

Carriola.Cons. Igualdade.(R) 06.09.23

julio@carriola.es

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, presentou unha xornada que organiza a Xunta sobre a aplicación do Convenio 190 da Organización Internacional do Traballo de loita contra o acoso laboral, iniciativa que forma parte das accións que está a desenvolver o Goberno galego en materia de igualdade laboral  

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, presentou a xornada Convenio 190 OIT: un documento fundamental na igualdade laboral entre mulleres e homes, organizada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade no marco das accións formativas que está a desenvolver a Dirección Xeral de Relacións Laborais en materia de igualdade laboral.

Con esta actuación, tal e como salientou Mancha, preténdense afondar sobre o Convenio 190 da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre violencia e acoso no mundo do traballo e a súa aplicación á lexislación española.

Novo instrumento preventivo

Este convenio é un instrumento novo en canto á definición de violencia e acoso, ámbito de aplicación e cun enfoque preventivo, inclusivo, integrado e sensible ao xénero, obrigando aos estados que o ratifiquen, como así fixo España, para adaptar a súa normativa. Esta ferramenta obriga ás persoas empregadoras a adoptar distintas medidas a nivel de empresa, de lugar de traballo e ás persoas traballadoras a observar a normativa e a contribuír na súa elaboración e aplicación.

A directora xeral de Relacións Laborais explicou os instrumentos cos que conta a Xunta para facer fronte no eido laboral ao acoso sexual, sexista, discriminatorio, moral, á violencia no traballo, e ao ciberacoso. Así, puxo como exemplo a guía para a prevención e o tratamento do acoso sexual e por razón de sexo nas pemes e o documento que se vai publicar proximamente sobre a protección e garantia da integridade sexual  nas empresas.

Máis de 700 certificados

Así mesmo, indicou que o campus en liña de igualdade laboral da Xunta expediu xa máis de 700 certificados do curso teórico-práctico sobre a prevención e o tratamiento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo, unha iniciativa dirixida a personas que forman parte dos departamentos de recursos humanos e organizacións empresariais e sindicais co obxecto de detectar e previr condutas de acoso.

Mancha, ademais, avanzou que se impartirá proximamente un novo curso teórico-práctico para a protección integral fronte ao acoso no traballo de 15 horas de duración.

A xornada contou coa participación tamén do maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Jose Fernando Lousada Arochena, e da conselleira técnica da OIT en España, Sara López.

 

roslev