Carriola.Redacción.08.09.23
julio@carriola.es
Conseguir un Marín más limpio en consideración del concejal del BNG José Luis Souto Piñeiro, es una propuesta de gestión ecológica que su grupo municipal, el BNG, hace de los residuos en Marín y para ello el edil nacionalista presentó recientemente una moción en ese sentido para ser tratada por el Pleno.

Josè Luis Souto Piñeiro
Entiende Souto que es necesario “Abordar un problema evidente na xestión e recollida de residuos, representado polos contedores desbordados que xeraban unha imaxe de descoido e sucidade nos espazos públicos polo que, a nosa iniciativa propuña a creación dun Punto Limpo, un espazo deseñado para facilitar a recollida selectiva de residuos de maior tamaño ou específicos, co fin de evitar a acumulación de refugallos ao redor dos contedores e mellorar a imaxe do municipio, especialmente en períodos de alta afluencia turística. Este espazo converteríase nun punto intermedio entre os cidadáns e a transformación final dos residuos, fomentando así a recollida selectiva e a colaboración entre o concello e os seus habitantes”.
Punto verde y Puntos Móviles Ecológicos
Incide el edil nacionalista en que “A proposta incluía a implementación de Puntos Móbeis Ecolóxicos para facilitar o depósito de residuos en diferentes ubicacións, especialmente para as comunidades en áreas afastadas. Este enfoque contribuiría a reducir o exceso de residuos e fomentaría a disposición adecuada de obxectos non desexados, beneficiando a persoas con mobilidade reducida e á poboación maior. Ademais, propoñíase a creación dun Punto Verde comunitario para a correcta eliminación de residuos vexetais, procedentes de xardíns e fincas, contribuíndo á limpeza e ao rendemento de espazos verdes urbanos”.
Abiertos al diálogo y a la colaboración
Finalmente, Souto manifiesta “Aínda que a proposta non foi aprobada na xunta do Concello, o BNG reforza a súa relevancia para a mellora da calidade de vida da comunidade e a necesidade de preservar o medio ambiente. Nesta liña, acordouse traballar de forma colaborativa entre os distintos grupos políticos para incluír a proposta do Punto Limpo no próximo concurso, garantindo así a súa implementación no futuro para o que, O BNG, está aberto ao diálogo e considera que esta proposta representa unha oportunidade de mellora significativa para a actual e futura calidade de vida dos cidadáns.