Carriola.Redacción.10.10.23
O Centro de Formación “A Aixola” ubicado no interior do Porto de Marín convoca unha serie denovos cursos próximos a iniciar nas súas instlacións dirixidos prioritariamente a persoas en situación de desemprego peroecesariamente
Desde o propio centro de formación remítennos a seguinte nota de convocatoria para os interesados:
- COMPETENCIASCLAVE N2 de Castelán, Galego e Matemáticas

Os cursos impartiranse en horario de mañá de 9:00 - 14:00 na modalidade presencial, nas nosas instalacións de Marín. As datas dos cursos son:
COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ N2 (curso 2023/004603). Do 20/11/2023 ao 15/01/2024
COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2 ( curso 2023/004605). Do 22/01/2024 ao 31/01/2023
COMPETENCIA MATEMÁTICAS N2 ( curso 2023/004604). Do 05/02/2024 ao 13/03/2024
Facendo esta formación xa terían as competencias, non é preciso que se presenten posteriormente a exame das mesmas.
- CURSO DE OP. AUXILIARES DE MANTEMENTO DE ELEMENTOS ESTRUTURAIS E DE RECUBRIMENTO DE SUPERFICIES DE EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS E DE RECREO.

A data é dende o 27/11/2023 ao 08/03/2024. 298 horas
O horario deste curso é de tarde. Dende as 16:00h ata as 21:00h.
Ten 40 horas en práctica en empresa.
- CURSO DE DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO Nivel 3 (Necesario título bachiller ou equivalente)

A data deste curso é para o ano que ven, dende 18/03/2024 ao 12/07/2024. 398 horas.
O horario é de mañá de 9:00h a 14:00h.
Tamén ten 40 horas prácticas en empresa.
Aceso aos cursos
Toda esta formación pertence á convocatoria AFD da Conselleria de Emprego e Igualdade.
A formación está dirixida prioritariamente a persoas en situación de desemprego, pero poden acceder persoas ocupadas coa tarxeta de mellora de emprego.
As persoas que cursen esta formación poderían optar a algunha bolsa de axuda.
As persoas interesadas poden poñerse en contacto con nos no 886 206 915.