Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O investigador Rafael Quintía Pereira ofrecerá mañán venres na Biblioteca unha charla sobre a "Cultura da Morte"

Carriola.A.C. Almuinha.12.10.23

julio@carriola.es

Este venres 13 de outubro, a A.C. Almuinha organiza unha charla co título "A Cultura da Morte", na que intervirá Rafael Quintía, recoñecido antropólogo,  acto que terá lugar na Biblioteca Pública Vidal Pazos a partir das 20:30h.
Rafael Quintía Pereira é antropólogo, economista, escritor e documentalista. Investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía e da historia de Galiza.
As súas liñas de investigación céntranse, fundamentalmente, no patrimonio inmaterial. Os resultados do seu traballo de investigación nos campos da antropoloxía e da historia víronse reflectidos na publicación de 12 libros, na realización de 8 documentais e en múltiples artigos e colaboracións.
O seu labor investigador foi galardonado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010).
É cofundador e socio da empresa Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión cultural, onde traballa como antropólogo profesional combinando este labor co de profesor-titor de antropoloxía na UNED.
Leva desde o ano 1990 vinculado ao mundo do asociacionismo e do activismo sociocultural. É presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural.

roslev