Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do cartafol de Manuel Torres

 Unha vez por semana traemos a este noso portal Carriola de Marín un dos relatos que don Manuel Torres Martínez, famoso pintor marinense pero tamén escritor e poeta ainda que nesa faceta foi menos popular, deixou escrito no seu cartafol publicado no ano1986 no Ateneo Santa Cecilia. O de hoxe titúlase “Lembransa” e ven a ser outra das estampas mariñeiras que refrexou nas súas colaboracións con xornais da súa época en que o Galego non estaba normativizado aínda, polo que Carriola de Marín respecta tanto a expresión como a ortografía do orixinal.

 Lembransa

Eu, daquela, inda era un rapás.

Amañeceu un día no tempo de San Pedro. Erguinme cando o sol xa ollaba a fiestra do meu coarto por riba dos tellados veciños e ouvíase buligar no galpón do mercado a xente gasalleira da bisbarra.

No peirau non quedaba máis que o refugallo do trafego pesqueiro. E de ves en cando surdían a bordo das chalupas os cativos tilleros adicados ó baldeo das panas emporcadas de peixe destripado. Saltei na chalana do tío Andrés, desmarreille os cabos, armeille os remos e botei a bogar polo mar abaixo. ¿Que anceio me levaba a bordo daquela cativa chalupa?. De verdade que eu non pensaba ir a ningures. Abondábame coma outras veses a ledicia de ir en barco, de senti-lo mar debaixo de mín abaneado polas ondas leviáns. E esí anduvo a miña chalupa tempo esquencido coa miña ledicia aboiada no espello do mar. Máis velheí que unha brétema sutil surdeu non sei de onde, e pouco a pouco foise espesando e toldou o puro ceo e apagou o agarimo do sol e borrou as liñas das cousas todas i escorrentou a ledicia do meu peito. A névoa envolveume no seu frío desacougo e quedei illado nun mar sin confíns. O medo amagoume de anguria  e quedei un intre sumido nun embrullo de pensamentos atolados. O fin detremiñei collelos remos e bogar, bogar de presa nun anceio acorante de terra firme.

Non sei canto tempo pasou. O meu esforzo esgotoume e deixeime cair no plan da chalupa agardando somentes a misericordia do ceo. O meu esprito encalmado dimpois de tan forte desacougo deixou voar o pensamento  como unha pomba saíndo da arca en percura de consolo. E o meu pensamento voltou axiña e díxome: “Meu amigo, imos polo mar abaixo. Seguramente por aquel vieiro por onde ti tes ollado o ir e vir das anaus do xeito e os barcos de carga. ¿A onde iremos a dar? ¡Quen sabe si vararemos nalgún con pelado polas marusías ou si andaremos aboiados días e días coma un bourel da nosa propia desgracia, e ti morrerás de fame e de sede e eu finarei contigo como lampo de lume que se apaga ou quen sabe si avistaremo-las terras o máis alá onde vive teu tío Enselmo facendo xucre de cañas moídas e vivirás coél e gañarás moitos cartos e dimpois voltarás ó teu peirao cun traxe novo e leontina...” Pro istas escapadelas do meu pensamento non me deron consolo e botei a chorar con máis adicamento coma nun pranto derradeiro.

Cando xa non tiña bágoas pra chorar nin vontade pra collelos remos ollei arredor de min e...¡ay! vin que crarexaba a neboa e os meus ollos abraiados gozaron naquel intre da mais belida estampa do meu peirao.

 

roslev