Carriola.Ateneo S. Cecilia.24.10.23
julio@carriola.es
"Manuel Torres e a Arte nos tempos do Seminario de Estudos Galegos" é o tema co que hoxe falará Mercedes Rozas no salón de actos do Museo marinense que leva o nome de dito personaxe da cultura e da pintura galegas.
O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución cultural de Galicia creada por intelectuais galeguistas en outubro de 1923, en Ames, para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e formar investigadores, ante a constatación de que naquel momento a Universidade de Santiago ofertaba programas académicos totalmente alleos á realidade, a historia e a cultura galegas, polo que non estaba cumprindo con tal obxectivo. A Guerra Civil fendeu a existencia do Seminario en 1936.
Dentro dos actos que leva a cabo o Museo do Pobo Galego, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e máis a Xunta de Galicia, para conmemorar o Centenario do S.E.G., o Ateneo Sta Cecilia celebrará unha charla co título "Manuel Torres e a Arte nos tempos do Seminario de Estudos Galegos", que estará a cargo de Mercedes Rozas, crítica de arte e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.
A charla, con entrada libre ata completr aforo, terá lugar hoxe martes, día 24 de outubro no Museo Manuel Torres, ás 20:00 da tarde. Nesta actividade colabora tamén o Concello de Marín.