Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Estrela de Marín participou no “XI Congreso Internacional de Cascos Históricos” representada polo seu xerente

Carriola.Estrela de Marín.24.10.23

julio@carriola.es

O Director Xerente do CCA Estrela de Marín, Yonathan Carreira, asisitiu estes días ao citado congreso, que se celebrou en Santa Cruz de Tenerife.

A XI edición do congreso, organizado pola asociación de empresarios de Zona Centrode Santa Cruz Tenerife, baixo o respaldo da Confederación Española de CascosHistóricos (Cocahi), entidade da cal somos tesoureiros, puxo en marcha este congreso,baixo o lema “Dixitalización e Sostibilidade, co claro obxetivo de converterse nun espacio para compartir coñecemento, coñecer experiencias e liñas de traballo para a transformación do sector comercial e así establecer unha estratexia para convertir os centros das cidades en destinos comerciais intelixentes e sostibles.

O reto é converter as zonas comerciais en polos de promoción turística mediante unha serie de palancas tractoras como a inversión en determinadas infraestructuras, a explotación dos datos, a innovación e a transformación dixital, a sostiibilidade e o respecto ao medio ambiente, a integración na comunidade local e o coñecemento e o fomento do emprendemento.

Máis de trinta entidades de toda España

Ademáis, a comitiva de Cocahi (representada por máis de 30 entidades de todo o territorio español), foi recibida polo Alcalde da Cidade de Tenerife, polo vicepresidente do Cabildo de Tenerife, pola Presidenta do Parlamento de Canarias e polo Presidente do grupo das Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Alcalde da Laguna. Estrela de Marín, estivo presente en todos estes actos institucionais, visibilizando e promocionando a nosa vila.

Por outra banda, o director xerente de Estrela de Marín, recibiu de mans do Presidente de Zona Centro de Tenerife D. Bernard Lonis e do Presidente de Cocahi D. José Manuel Bello un recoñecemento pola asistencia ao citado congreso.

 

roslev