Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Comenzan hoxe os actos de celebración do 71 aniversario do Ateneo Santa Cecilia coa presentación da páxina web

Carriola.Redacción.22.11.23

julio@carriola.es

O Ateneo Santa Cecilia celebra estes días o 71º aniversario do seu nacemento que se iniciou coa denominación de “Asociación de Cultura y Arte Santa Cecilia” e para conmemoralo a atual directiva que preside Lois  González Dopazo ten  programadas as seguintes actividades;  

* MERCORES 22 DE NOVEMBRO, as 20 horas:

Presentación da nosa paxina web no local do Ateneo (Rúa do Forno, 42 baixo), onde se explicaran os diversos contidos da páxina: actividades, tradicións, festas de interese turístico, contidos da sala do Ateneo, concursos, etc. Para dar conta de todo acompáñanos Jaime Loureiro, verdadeiro artífice desta páxina que nos vai permitir dar unha información ampla e rigurosa das actividades do Ateneo Santa Cecilia.

VENRES, DÍA 24, as 19,30 horas

O grupo Avelaíña Teatro representará a obra "Almas de Gloria" na honra de D. Francisco Fernández del Riego, a quen se lle adicou este ano o Dia das Letras Galegas, acto que será no Salón de Actos do Colexio Inmaculada de Marín.

A entrada é de balde e dirixida a todos os públicos.

* SÁBADO, DÍA 25, ás 12:00 h. 

Teatro para nenos/as na Biblioteca Vidal Pazos de Marín coa obra "A festa dos Monicreques" de Larraitz Urruzola. Agardámosvos a todos e todas con entrada libre ate completar o aforo, os/as cativos/as poden ir acompañados dos seús pais e familiares.

* SÁBADO, DÍA 25, ás 19 horas

No Templo Vello de Marín, Concerto de música Clásica formado por un cuarteto de profesores do Conservatorio de Vigo dirixidos por Serghei Maximov e que contará coa participación de Kirill Maximov (primeiro concertino da orquesta Tonknstler de Viena) e que nos ofrecerán un amplo e variado repertorio dos principais compositores.

Homenaxe de recoñecemento

Durante este concerto farase entrega a dous socios veteranos do Ateneo, Manuel Rosales e Manuel Torres, de sendas láminas do pintor D. Manuel Torres Martínez, fundador da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia como recoñecemento a súa traxectoria de apoio ao Ateneo na promoción da cultura e mantemento das tradicións en Marín.

 

roslev