The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia invita aos escolares de Marín a participar no concurso de postais de Nadal

Carriola.Ateneo.03.12.23

julio@carriola.es

Ata o próximo día 12 deste mes està aberto o prazo para a presentación de postais de nadal no concurso que o Ateneo ten convocado e que se rexirá polas seguintes bases:

PRIMEIRA: Poderán concursar todos os nenos e nenas que estean empadroados no Concello de Marín.

* CATEGORÍA A: Educación Infantil

* CATEGORÍA B: 1º e 2º Primaria

* CATEGORÍA C: 3º e 4º Primaria

* CATEGORÍA D: 5º e 6º Primaria

* CATEGORÍA E: Educación Especial

SEGUNDA: As obras presentaranse nunha dimensión máxima de tamaño folio A4. O tema dos debuxos será libre, pero sempre relacionados co Nadal.

TERCEIRA: Presentarase un debuxo por neno/a. Cada postal deberá ter escritos pola parte traseira os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, colexio onde cursa estudos, curso, dirección postal ou correo electrónico e teléfono.

CUARTA: O prazo de entrega será ata o martes, 12 de decembro de 2023 no Ateneo Santa Cecilia

de 17:30 a 20:30 horas (Rúa do Forno, 42 - Baixo)

QUINTA: Haberá TRES PREMIOS nas categorías A, B, C e D: 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €. 3º Premio: un diploma e un vale por importe de 20 €. Na categoría E, haberá DOUS PREMIOS. 1º Premio: un diploma e un vale por importe de 50 €. 2º Premio: un diploma e un vale por importe de 30 €.

SEXTA: Os premios entregaranse o xoves dia 21 de decembro ás 19:00 horas na sede do Ateneo Santa Cecilia, si as circunstancias epidemiolóxicas o permiten.

SÉTIMA: Os debuxos orixinais quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia, que reserva os dereitos de explotación do traballo, produción, distribución, exposición ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro. Non obstante, o Ateneo comprométese a devolver os traballos non premiados por petición dos/as interesados/as.

OITAVA: O xurado estará presidido por un/ha representante da Xunta Directiva do Ateneo e persoas do mundo artístico do Concello. Valorarase a orixinalidade e o esforzo creativo do debuxo, a adaptación técnica á idade do neno/a, a calidade técnica e o valor artístico dos traballos, así como a adaptación ao obxecto do concurso.

NOVENA: Todas as postais presentadas formarán parte da mostra que estará exposta ao público no local do Ateneo Santa Cecilia dende o día 22 de decembro ata o día 12 de xaneiro.

DÉCIMA: Os vales dos premios caducan aos 30 días da súa entrega aos/as premiados/as.

A PARTICIPACIÓN NESTE CONCURSO IMPLICA A TOTAL ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES