Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Asociación para a recuperación da Memoria Histórica presenta o programa de actos do mes de decembro

Carriola.Redacción.10.12.23

julio@carriola.es

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín presenta o programa de actos para este mes de decembro que finalizaràn o día 31 do mes coa homenaxe de lembranza ao alcalde Blanco Solla fusilado nesa mesma xornada do ano 1936

O programa que onte anunciou este colectivo é o seguinte:

Mércores día 13, na Biblioteca Pública Municipal ás 20:00 horas, proxectarase o documental ACORDA, I Cartografía Musical de Memoria Histórica da Provincia de Pontevedra. Un documental que repasa algúns dos lugares de memoria e o alí acontecido, como no Pozo da Revolta, no lugar de Bagüín, en Marín.

Xoves día 14, ás 20:00 horas no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres, dentro da sección O Ronsel da Memoria, preséntase a novela de Iria Morgade Valcárcel "Quen escribirá a miña historia?", que toma como escenario o Mosteiro de Oia, que foi un dos campos de concentración franquista, onde as persoas presas "non paraban de debuxar nas paredes (...) quizais para voar lonxe do horror", apunta a autora.

Mércores día 20, tamén ás 20:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal, terá lugar a proxección do documental ACORDAMOS, II Cartografía Musical de Memoria Histórica da Provincia de Pontevedra, que nesta ocasión céntrase en lugares protagonistas dalgunhas das loitas de principios do século XX: o agrarismo en Sobredo, o sindicalismo mariñeiro en Moaña, a loita veciñal contra o caciquismo en Lérez, a loita política en A Illa de Arousa, a batalla do profesorado pola creación dun ensino libre en Tomiño e a resistencia guerrilleira en Vilagarcía.

Domingo día 31ás 13:00 horas, no Paseo Alcalde Antonio Blanco, comezará o ACTO ANUAL DE LEMBRANZA E HOMENAXE, coa intervención da escritora Iria Morgade Valcárcel e a participación de familiares de vítimas da barbarie franquista, asasinadas o 31 de decembro de 1936.

roslev