Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG denuncia as deficiencias nos servizos sanitarios e a falta de pediatras durante as vacacións de Nadal

Carriola.Lucía Santos Omil (*) . 30.12.23

julio@carriola.es

Lucía Santos

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) alza a voz para poñer de manifesto as deficiencias que afectan aos servizos sanitarios en Marín, utilizando como exemplo paradigmático a carencia de pediatras durante as vacacións de Nadal. Este caso reflicte as consecuencias das políticas de recortes e privatización levadas a cabo polo Partido Popular (PP) no servizo de sanidade pública durante os últimos 14 anos.

A situación crítica denunciada polo BNG evidencia a falta de planificación e recursos, destacando a presenza dunha única pediatra para atender urxencias nun momento de elevada demanda sanitaria. Este feito resalta a insuficiencia de persoal, un problema persistente que afecta á calidade xeral dos servizos sanitarios.

Denunciamos que en plena epidemia estacional de gripe con aumento de infeccións respiratorias e contaxios por COVID e gripe A, o SERGAS deixe á veciñanza coa única atención dunha pediatra.

A precariedade do servizo de pediatría non é unha novidade, xa que opera desde hai tempo con menos pediatras dos necesarios para atender a máis de 3.500 pacientes. Esta lamentable realidade reflicte a precariedade coa que o servizo está a levar a cabo a súa labor.

A falta de pediatras é só a punta do iceberg nun sistema de saúde que opera ao límite. A escaseza de recursos humanos non é un fenómeno illado, senón unha realidade constante na que os servizos de saúde traballan con persoal insuficiente para atender á poboación.

O BNG insta á cidadanía a unirse á denuncia destas deficiencias presentando reclamacións ao SERGAS. É hora de esixir unha atención sanitaria de calidade e de poñer fin ás políticas que levaron ao sistema de saúde público a esta situación crítica.

(*) Lucía Santos Omil é a Portavoz Municipal do BNG.

 

roslev